DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Rois (expediente IN407A 2010/268-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, no concello de Rois (expediente IN407A 2010/268-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfonos de contacto 981 18 23 78 e 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitaren a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 22 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Tivo.

Concello: Rois.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

0-4

As Barreiras

143

166

En investigación

0-31

Cotón

143

110

En investigación

118

Cortinillas

508

405

María del Carmen Boullón Boullón e outros

211

Fonte Porca

39

526

CMVMC Fonte Porca

216

Fonte Porca

39

536

CMVMC Fonte Porca

219

Fonte Porca

39

537

CMVMC Fonte Porca

221

Fonte Porca

39

538

CMVMC Fonte Porca

299

Ponte de Soutullo

40

1086

En investigación

300

Cacho Mil

40

699

Oliva Crespo Gambino

320

Fonte Santa

160

531

Oliva Crespo Gambino

420

Coto Foco

147

183

Antonio Rodríguez Rivas e outros

538

Estivada Vella

143

454

En investigación

544

Agro do Monte

143

393

En investigación

609

Cacheiro

142

96

En investigación

616

Cacheiro

142

88

José Gosende Sorribas

618

Cacheiro

142

274

En investigación

676

Agro de Yanes

142

23

Rosalino Gosende Sorribas e outros

676-9

Eira Nova

142

326

En investigación

684

Agro de Yanes

142

24

Rosalino Gosende Sorribas e outros

700

Salgueiral

142

52

José Gosende Sorribas

708

Salgueiral

142

585

En investigación

725

Riba da Cortiña da Ponte

140

158

En investigación

729

Riba da Cortiña da Ponte

140

162

Rosalino Gosende Sorribas

755

Faramello

141

10

En investigación

772

Monte Meao

141

10102

En investigación