DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso–administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo co procedemento abreviado 124/2024.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, tramítase o recurso 124/2024 (procedemento abreviado), interposto por Eva Prado González contra a Resolución do 1 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 48, do 7 de marzo) (categoría: enfermeiro/a).

A recorrente non está de acordo coa puntuación obtida na epígrafe de experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos