DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33487

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 13 de maio de 2024 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2024 (código de procedemento PL500F).

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 101, do 27 de maio de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 32310, na táboa que fai referencia á Universidade de Oxford, no relativo ao perfil da praza, onde di: «– Valorarase o interese e/ou a experiencia no ensino de español.», debe dicir: «– Valoraranse as cualificacións e/ou a experiencia no ensino de español».