DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33486

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial, escala de expertos/as lingüistas, subgrupo A1, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala técnica de restauración, e escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, subgrupo A2, na agrupación profesional do persoal funcionario, escalas de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, de persoal subalterno e de persoal de mantemento, subgrupo AP, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG núm. 38, do 22 de febreiro de 2024, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 15015:

– No posto «PS.C99.40.201.15190.001. DIRECTOR/A CASA DA XUVENTUDE», na súa columna de forma de provisión, onde di: «C», debe dicir «CE».

– No posto «PS.C99.40.201.15560.001. DIRECTOR/A CASA DA XUVENTUDE», na súa columna de forma de provisión, onde di: «C», debe dicir «CE».

Na páxina 15016:

– No posto «PS.C99.40.201.27160.001. DIRECTOR/A CASA DA XUVENTUDE», na súa columna de forma de provisión, onde di: «C», debe dicir «CE».

– No posto «PS.C99.40.201.27650.001. DIRECTOR/A CASA DA XUVENTUDE», na súa columna de forma de provisión, onde di: «C», debe dicir «CE».

Na páxina 15018:

– No posto «PS.C99.40.201.36240.002. DIRECTOR/A CASA DA XUVENTUDE», na súa columna de forma de provisión, onde di: «C», debe dicir «CE».