DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 10 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2024/95-1).

Expediente: IN407A 2024/95-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: CT, RBT, lugar de Padreiro, s/n.

Concello: Santa Comba.

1. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar de Padreiro, no concello de Santa Comba.

– Cambio de transformador de 100 kVA a 160 kVA do CT 15AGM1 Padreiro II, alimentado pola liña de media tensión CBL805 a 20 kV, procedente da subestación de Carballo.

– Retirada do CT de tipo intemperie situado nun apoio de formigón de tipo HV 1000/13 e no seu lugar proxéctase un CT de tipo prefabricado rural en caseta de formigón, en leira particular con acceso desde a vía pública.

– Instalación dun novo treito de liña de media tensión soterrada en condutor de tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con inicio no paso aéreo subterráneo proxectado en apoio de formigón existente de tipo HV-1000/13 e remate na cela de liña do novo CT, sendo o total de LMTS de 18 metros.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 10 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

CT, RBT lugar Padreiro, s/n

Relación de bens e dereitos afectados - Concello de Santa Comba

Predio proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo pleno dominio

Afección de solo por

servidume de paso de enerxía eléctrica

Natureza do terreo

Apoio núm.

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Carmen Vilar Fernández

7286807NH1678N0001ZF

Pradeiro

CT e acceso

24,83

Urbana

Abreviacións:

ml aér: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér: superficie de servidume aérea en m².

m2 sot: superficie de servidume soterrada en m2.