DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 10 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2024/5-1).

Expediente: IN407A 2024/5-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: renovación de instalacións por remate da súa vida útil entre os apoios núm. A33RC80H//C13-27-12 e núm. A3J4VRKS//C13-27-20-CT (LAMT CBL701B Bertoa-Laracha 1).

Concello: Carballo.

1. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse na parroquia de San Salvador de Sofán, no concello de Carballo.

– Substitución condutor en treito LMTA a 15 kV de 303 metros, condutor tipo LA-30 Al por LA-56 Al, coa orixe no apoio núm. A3EUHCEK//C13-27-17 existente para substituír por tipo C-2000/16 da LMT CBL701B Bertoa-Laracha 1 (expediente 350110), procedente da subestación Carballo e remate no apoio núm. A3J4VRKS//C13-27-20-CT. (CT 15AIK8) existente, no que se substituirá a súa cruceta por unha de tipo recto e do que se van retirar os fusibles XS para instalalos no apoio núm. A3GW3IC0//C13-27-19 existente. Substitución dos apoios núm. A39AEV3H//C13-27-15 por tipo C-2000/14 e núm. A3G8URO0//C13-27-18 existente por tipo C-2000/16. Retensado de treito entre os apoios núm. A33RC80H//C13-27-12 e A3EUHCEK//C13-27-17.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro.

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 10 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: renovación de instalacións por remate da súa vida útil entre os apoios núm. A33RC80H//C13-27-12 e núm. A3J4VRKS//C13-27-20-CT (LAMT CBL701B Bertoa-Laracha 1).

Concello: Carballo.

Predio proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo
pleno dominio

Afección de solo por servidume
de paso de enerxía eléctrica

Natureza do terreo

Apoio nº

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Blandina Vecino Seoane

Josefa Vecino Seoane

Carmen Vecino Seoane

Purificación Vecino Seoane

15019A117000610000JX

Leira de Abaixo

C 13-27-15

2.0

Labor ou labradío

Secaño

2

Blandina Vecino Seoane

15019A117000130000JQ

Braña

C 13-27-17

2.0

Prados ou pradarías

3

Josefa Vecino Seoane

15019A117000090000JG

Navas

C 13-27-18

2.0

Prados ou pradarías

Piñeiral madeirable

Eucalipto

Abreviacións:

ml aér: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér: superficie de servidume aérea en m².

m2 sot: superficie de servidume soterrada en m2.