DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 16 de maio de 2024, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/21/195.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o intento de mutuo acordo do expediente expropiatorio polas obras do Proxecto de construción de mellora da mobilidade peonil na intersección das estradas PO-548 e PO-192, de clave PO/21/195.06, no concello de Vilagarcía de Arousa.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servicio Provincial de Pontevedra sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 16 de maio de 2024

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servicio Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

01

36060A016003980000GK

Ferreira Faro, Santiago Luis (hros.)

02

36060A016005290000GI

En investigación

03

36060A016005340000GE

En investigación

04

36060A016005350000GS

En investigación