DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 16 de abril de 2024, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. de concesión administrativa no porto de Moaña para a ocupación do dominio público portuario en superficie e soterrado e regularización de instalacións para o desenvolvemento da actividade de subministración de combustible a vehículos exclusivamente (expediente 13-21-24-C3).

Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., solicita a concesión administrativa no porto de Moaña para a ocupación do dominio público portuario en superficie e soterrado e regularización de instalacións para o desenvolvemento da actividade de subministración de combustible a vehículos exclusivamente.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 16 de abril de 2024

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia