DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 31 de maio de 2024 Páx. 33116

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

EXTRACTO do 28 de maio de 2024 da Resolución do 15 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia, e se procede á convocatoria da décimo quinta edición (código de procedemento MR709A).

BDNS (Identif.): 764079.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da resolución pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca a décimo quinta edición, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Obxecto

Fomentar actuacións que animen a participación privada no proceso de desenvolvemento rural mediante a concesión de premios a iniciativas de desenvolvemento rural.

Segundo. Beneficiarias

Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 15 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia, e se procede á convocatoria da décimo quinta edición (código de procedemento MR709A).

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de 80.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Sexto. Outros datos

Este procedemento tramítase en réxime de concorrencia competitiva.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2024

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural