DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 31 de maio de 2024 Páx. 33224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 16 de maio de 2024 polo que se notifica a resolución da liquidación provisional de gastos de execución subsidiaria da orde de demolición (expediente 107B-2009/3-0).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou resolución, o 7 de maio de 2024, pola que notifica a resolución da liquidación de gastos de execución subsidiaria da orde de demolición expediente número 107B-2009/3-0.

Ao non poder realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do documento nacional de identidade número X8401975Y, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a presente resolución, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun (1) mes desde a súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente de acordo co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. Se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa daquel ou ata a súa desestimación por silencio administrativo. Todo isto sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística