DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 31 de maio de 2024 Páx. 33374

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de A Riña-Oia

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral extraordinaria.

José Luis Crespo Crespo, veciño de Santa María de Oia, actuando como representante da Comunidade de Usuarios de Augas de A Riña-Oia, mediante este anuncio convoco á asemblea xeral extraordinaria todos os usuarios das augas, que terá lugar o 15 de xuño de 2024, ás 17.30 en primeira convocatoria e ás 18.00 horas en segunda convocatoria, respectivamente, na Casa da Cultura de Oia, coa seguinte orde do día:

1. Ratificación da modificación dos estatutos.

2. Aprobación da entrada a Coxapo.

3. Renovación da Xunta de Goberno e Xurado.

Santa María de Oia-Oia, 7 de maio de 2024

José Luis Crespo Crespo
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de A Riña-Oia