Lucía Misa Domínguez, veciña do lugar de Peroleira, parroquia de San Miguel de Peitieiros, concello de Gondomar (Pontevedra), mediante este anuncio convoco á xunta xeral ordinaria todos os usuarios de augas, da Comunidad de Usuarios de Peroleira-Muíños Novos, que terá lugar o 30 de xuño 2024, ás 10.30 e ás 11.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, no centro cultural de Peitieiros, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores.
2. Altas e baixas de comuneiros.
3. Lectura de contas e aprobación, se procede.
4. Resumo de actividades realizadas no último ano e información sobre o estado de proceso de legalización da comunidade.
5. Información sobre o aumento de gastos fixos da comunidade e derivados de constituírse como comunidade legal.
6. Nomeamento de novo membro da Xunta Directiva.
7. Rogos e preguntas.
Gondomar, 29 de abril de 2024
Lucía Misa Domínguez
Presidenta da Comunidad de Usuarios de Peroleira-Muíños Novos