DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 31 de maio de 2024 Páx. 33065

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no mes de abril de 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

Elvira Mª Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ANEXO

Denominación do convenio

Aportación da consellería

Data da sinatura

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (Aelg) para a realización de actividades de promoción do libro e a lectura no ano 2024.

15.000,00 €

29.4.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación de Banda de Gaitas de Pontevedra para a divulgación da música galega a través da realización de cursos de formación.

15.000,00 €

29.4.2024

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Galega de Editoras, para a realización de actividades de promoción e consolidación do sector do libro e para o mantemento da asociación no ano 2024.

15.000,00 €

29.4.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Liceo de Ourense para a substitución do mobiliario industrial coa finalidade de mellorar a súa eficiencia enerxética e a seguridade das persoas.

30.000,00 €

29.4.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Cultural Évame-Oroza para a realización de actividades culturais.

15.000,00 €

29.4.2024