DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 30 de maio de 2024 Páx. 32947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Melide (expediente DH.A15.69261).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: CCUU do Manancial de Sisto.

Expediente: DH.A15.69261.

Volume total anual: 2009,325 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,09 l/s.

Destino: doméstico.

Orixe: x= 572813, y= 4759637 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Grobas.

Parroquia: Grobas (Santa María).

Concello: Melide.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes dun manancial na parcela 15047A015007000000GQ mediante arqueta de aceiro inoxidable de 0,50 × 0,50 e profundidade de 0,60 m, da cal saen tres tubos de polietileno (un de saída ao exterior da captación, outro para labores de limpeza da propia captación e outro, de 32 mm de diámetro, que leva a auga ata a nave de repartición, a 3.572 m de distancia, na parcela 15006A514015020000DQ, onde se aloxan os doce depósitos individuais de 3.958,16 m3 cada un. Desde este punto a auga lévase en tubos individuais de PVC e 32 mm de diámetro ás vivendas que hai que abastecer nos lugares de Torneiros, A Portela, Gosteres, Igrexa e Pedral, da parroquia da Mella, no concello de Arzúa (A Coruña).

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para o que solicitará cita previa no teléfono 981 54 49 27.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro