DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 30 de maio de 2024 Páx. 32911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 8 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS650G 36/00549-X/22 e dous máis.

Ao abeiro disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta dirección territorial e intentada a notificación dos actos administrativos no último enderezo coñecido das persoas interesadas que se citan no anexo sen que estas se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, mediante anuncio emprázanse as referidas persoas interesadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Dirección Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do requirimento de documentación e advertíndolles que, de non facelo así, se terá por notificado ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non atender o requirimento de documentación no prazo indicado no dito acto, procederá a medida de suspensión cautelar ao abeiro do artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, do desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.

Vigo, 8 de maio de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650G

Núm. de expediente

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto do requirimento

36/00549-X22

36019546M

Requirimento de documentación

20.11.2023

36/01060-X/23

35280492X

Requirimento de documentación

1.2.2024

36/01074-X/23

02589705C

Requirimento de documentación

1.2.2024