DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 30 de maio de 2024 Páx. 32910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 20 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Betanzos (expediente 2019AAE2327).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise pública a Resolución do 15 de maio de 2024 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, sobre o Plan xeral de ordenación municipal do concello de Betanzos.

Esta declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2019AAE2327).

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade