DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 30 de maio de 2024 Páx. 32672

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

DECRETO 154/2024, do 20 de maio, polo que se aproba o escudo do Concello de Cortegada (Ourense).

O Concello de Cortegada (Ourense) considerou conveniente realizar unha completa reformulación do seu escudo heráldico aprobado polo Decreto 13/1992, do 23 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia do 3 de febreiro) para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme as normas da heráldica. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico-heráldico coa correspondente proposta de representación gráfica do escudo, para a súa aprobación definitiva.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos dos concellos e doutras entidades locais correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2 do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente tramitouse conforme as normas de procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia; no Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia e no Real decreto 2568/1986, do 10 de decembro, que aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais.

Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica de Galicia e por proposta da persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de maio de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

Artigo único.

Aprobar o escudo do Concello de Cortegada (Ourense) organizado do seguinte xeito, do que se achega como anexo unha representación gráfica:

De gules (vermello) e sobre ondas de prata (branco), unha copa de ouro (amarelo) flanqueada de cadansúas serpes de sinople (verde), surmontada dunha vieira de prata e, todo, surmontado pola súa vez de sete cruces treboladas de ouro, ben ordenadas no xefe. Ao timbre, a coroa real pechada.

Santiago de Compostela, vinte de maio de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

missing image file