DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 30 de maio de 2024 Páx. 32747

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para o control de rendemento leiteiro ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia, e se convocan para o ano 2024.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Orde do 11 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para o control de rendemento leiteiro ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia, e se convocan para o ano 2024, e de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e denegación das axudas publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o control de rendemento leiteiro ás entidades oficialmente recoñecidas para o control leiteiro en Galicia convocadas para o ano 2024 ás entidades solicitantes que se relacionan no anexo I.

Segundo. Informar dos seguintes aspectos:

1. Norma reguladora da convocatoria: Orde do 11 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para o control de rendemento leiteiro ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR270B).

2. Aplicación orzamentaria: 14.04.713C.781.1 (actualmente 45.04.713C.781.1 en función do establecido na Orde do 25.4.2024) e crédito orzamentario: 750.000 €.

A dotación orzamentaria da orde de que derivan estas axudas procede dos orzamentos xerais do Estado (441.995 euros) e dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia (308.005 euros).

3. Obxecto: esta orde ten por obxecto desenvolver, en réxime de concorrencia competitiva, as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Consellería do Medio Rural destinadas ás entidades oficialmente recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia para o control de rendemento leiteiro.

4. Destinatarios: as entidades oficialmente recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia como terceiros para a realización do control leiteiro oficial, ao abeiro do Real decreto 663/2023, do 18 de xullo.

5. Recursos: contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Tamén se poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Beneficiarios e importe concedido

Nº expediente

Entidade

NIF

Contía

CLO_2024_01

Africor Coruña

G15361413

329.100,00 €

CLO_2024_02

Africor Lugo

G27155688

355.575,00 €

CLO_2024_03

Africor Pontevedra

G36170264

65.325,00 €