DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 30 de maio de 2024 Páx. 32923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, pola que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 100469 e cinco máis).

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Dirección Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa avenida de Zamora, núm. 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, teranse por desistidos/as da súa petición.

Ourense, 20 de maio de 2024

Laura López del Castillo
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data do requirimento

100469

E0669323

19.2.2024

98627

167259437

19.2.2024

99183

Y9487909D

19.2.2024

100810

Y9769827B

1.3.2024

99715

172854348

18.3.2024

103513

Y8709341Z

10.5.2024