DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 30 de maio de 2024 Páx. 32924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 99064 e dez máis).

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde ao seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Territorial (tarxeta sanitaria), sita na avenida de Zamora, núm. 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos/ás interesados/as en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos/das interesados/as que a resolución relacionada no anexo non esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Ourense, 20 de maio de 2024

Laura López del Castillo
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data da resolución

99064

AZ086364

19.2.2024

98900

BC562559

1.3.2024

101303

AT799353

18.3.2024

100814

AX718191

18.3.2024

101119

122395028

18.3.2024

99984

JP1438530

18.3.2024

100059

EI6476295

18.3.2024

101087

GX6350751

25.3.2024

96008

AP947261

15.4.2024

101847

NY9804357

17.4.2024

105928

AY528628

19.4.2024