DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 29 de maio de 2024 Páx. 32597

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2024 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de condutor en virtude de probas selectivas convocadas mediante a Resolución do 21 de marzo de 2023.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas mediante a Resolución do 21 de marzo de 2023 (Diario Oficial de Galicia do 3 de abril) para cubrir con persoal laboral fixo tres prazas da categoría profesional de condutor, grupo III, pola quenda de promoción interna, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de condutor a persoa que superou o proceso selectivo e que se relaciona no anexo desta resolución. En aplicación do artigo 50, número 3, da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, o aspirante José Darío Fontao Otero queda excluído da proposta da contratación por ser traballador fixo na mesma categoría profesional ao superar as probas selectivas convocadas mediante a Resolución do 4 de novembro de 2022.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a signatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que se poderá asinar o contrato durante esta situación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***2894**

García Barrio, Luis