DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 29 de maio de 2024 Páx. 32602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 16 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto dunha instalación para a xestión de residuos non perigosos (RCD) nunha parcela no polígono do Tambre, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña) (expediente 2023/0074).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 15 de maio de 2024 do proxecto dunha instalación para a xestión de residuos non perigosos (RCD) nunha parcela no polígono do Tambre, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña) promovido por Comuca, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade