DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 29 de maio de 2024 Páx. 32601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 15 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto Sistema de almacenamento de enerxía por baterías BESS Sanxenxo, no polígono industrial de Nantes, no concello de Sanxenxo (Pontevedra) (expediente 2023/0145).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 14 de maio de 2024 do proxecto Sistema de almacenamento de enerxía por baterías BESS Sanxenxo, no polígono industrial de Nantes, no concello de Sanxenxo (Pontevedra), promovido por Soner Sorolla, S.L.U.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade