DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 29 de maio de 2024 Páx. 32580

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024

Sonia Lafont Sendino
Directora da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2024

Convenio

Achega da consellería (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

11.1.2024

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Ilustre Colexio Oficial de Titulares Mercantís de León para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

18.1.2024

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Instituto de Censores Xurados de Contas de España para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

18.1.2024

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Española de Asesores Financeiros e Tributarios para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

21.1.2024

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Universidade de Vigo en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

30.1.2024

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Consello Xeral de Economistas de España para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

7.2.2024

Acordo de addenda do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

7.2.2024

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Concello de Outeiro de Rei en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

7.2.2024

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Mancomunidade Terra de Celanova en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

7.2.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia, o Consello Xeral do Notariado e o Colexio Notarial de Galicia para a subministración, para efectos tributarios da ficha resumo e da copia auténtica de documentos notariais.

Sen achega económica

15.2.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Consello Galego de Economistas para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

15.2.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Ilustre Colexio de Avogados de Terrassa para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

15.2.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Consello Xeral da Avogacía Española para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

25.4.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Concello de Rianxo en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

30.4.2024