DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 29 de maio de 2024 Páx. 32567

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación dos convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2024, que se incorpora no anexo I desta resolución.

Artigo 2

Para os efectos de completar a Resolución da Axencia Galega de Innovación, do 15 de xaneiro de 2024, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración e addendas subscritos por esta axencia no terceiro cuadrimestre de 2023 (DOG núm. 16, do 23 de xaneiro), dáse publicidade das addendas pendentes de publicar subscritas no terceiro cuadrimestre de 2023, que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2024

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A., para a celebración do Programa de aceleración para a internacionalización de pemes Galicia Avanza para as convocatorias 2024 e 2025

17.1.2024

2.227.945,46 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación Bioga-Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida para a implementación dun plan de actividades para impulsar a competitividade, a innovación e a transferencia no tecido empresarial galego do sector biotecnolóxico no período 2024-2025

16.2.2024

367.637,00 €

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain), a Sociedade Xestora de entidades de investimento de tipo pechado, S.A.U. (Xesgalicia), e a Asociación Viratec, Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular, para a posta en marcha dun foco de emprendemento no eido da sustentabilidade (Business Factory Climatech-BF Climatech)

25.3.2024

1.625.000,00 €

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e o Real Aeroclub de Lugo para regular a colaboración no uso das instalacións aeronáuticas do aeródromo de Rozas

12.4.2024

210.000,00 €

ANEXO II

Addendas pendentes de publicar subscritas no terceiro cuadrimestre de 2023

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), e o hub de carácter estratéxico Asociación DIH Datalife, para o financiamento dos custos de xestión e coordinación do Hub de innovación dixital

15.11.2023

Sen achega económica

Addenda de modificación ao III Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain), Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), Consorcio da Zona Franca de Vigo (Consorcio), Vigoactivo Sociedade de CapitaI Risco, S.A. S.M.E. (Vigoactivo), a Fundación Clúster de Automoción e Mobilidade de Galicia (Ceaga) e Stellantis España, S.L. (Stellantis), para a continuidade dun foco de emprendemento no sector da automoción e mobilidade en Galicia (Business Factory Auto-BFA) e a realización das edicións 7ª, 8ª e 9ª

18.12.2023

Sen achega económica

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador universitario beneficiario dunha axuda do ERC no marco H2020

31.12.2023

31.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (Gain) e o hub de carácter estratéxico Asociación para la Digitalización de la Industria de Galicia, para o financiamento dos custos de xestión e coordinación do Hub de innovación dixital

31.12.2023

75.000,00 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (Gain) e o Hub de carácter estratéxico Asociación DIH Datalife, para o financiamento dos custos de xestión e coordinación do Hub de innovación dixital

31.12.2023

75.000,00 €