DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 28 de maio de 2024 Páx. 32532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2024 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado 101/2024.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 101/2024 interposto por Silvia Sánchez Gómez contra a Resolución reitoral do 19 de febrero de 2024 de inadmisión de recurso de reposición contra a Resolución reitoral do 22 de novembro de 2023 que pon fin ao proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema selectivo de concurso, para a estabilización do emprego temporal do persoal de administración e servizos nas escalas e subescalas dos subgrupos C1 e C2 convocado pola Resolución do 1 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro), en relación coa escala auxiliar administrativa/subescala administración.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 15 de maio de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo