DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 28 de maio de 2024 Páx. 32531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, procedemento abreviado 196/2024.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, tramítase o recurso 196/2024 (procedemento abreviado), interposto por Susana Fernández Nocelo fronte:

– Á desestimación por silencio administrativo do recurso de reposición interposto o 14 de xuño de 2021 fronte á Resolución 18 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listaxes de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro) (DOG núm. 98, do 27 de maio).

– Á desestimación por silencio administrativo do recurso de reposición interposto o 28 de xullo de 2021 fronte á Resolución do 2 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro) (DOG núm. 134, do 15 de xullo).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos