DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 28 de maio de 2024 Páx. 32548

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO de notificación a titulares coñecidos e descoñecidos para lembrar o cumprimento da obriga da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

En cumprimento do artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos ou resulta imposible a súa notificación, notifícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nos predios que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Nº de expediente

Acta de inspección

Referencia catastral

Parroquia

Lugar

m2 afectados

Liquidación provisional dos traballos

Persoa responsable

1375/2023

30.10.2023

36053A01402220

Arcade

Arcade

62

10,47

Descoñecido (Nieves Vidal S-S)

1376/2023

30.11.2023

36053A01402221

Arcade

Arcade

72

12,16

Descoñecido (Franco S-P S-S)

1378/2023

30.11.2023

36053A01402218

Arcade

Arcade

90

15,2

Descoñecido (María Falcón Vilán)

1148/2023

10.11.2023

36053A01700199

Soutomaior

A Pedreira

265

93,96

Descoñecido

1391/2023

23.10.2023

36053A01501580

Arcade

O Burgo

28

4,73

Descoñecido (Mercedes Xanfrán S-S)

1380/2023

23.10.2023

36053A00101382

Soutomaior

Comboa

1.113

401

Descoñecido

1624/2023

7.11.2023

36053A01400752

Soutomaior

Montesiña

911

238,18

Descoñecido

1627/2023

7.11.2023

36053A01400755

Soutomaior

Montesiña

130

46,12

Descoñecido

1628/2023

7.11.2023

36053A01400758

Soutomaior

Montesiña

54

19,17

Descoñecido

1646/2023

9.11.2023

36053A01900834

Soutomaior

Montesiña

12.812

4.543,1

Descoñecido

922/2023

8.11.2023

36053A00101698

Soutomaior

Comboa

150

53,19

Descoñecido (Antonio Troiteiro S-S)

1585/2022

8.11.2023

36053A00101716

Soutomaior

Comboa

966

342,53

Descoñecido (Enrique Lorenzo S-S)

1377/2022

18.12.2023

36053A01100060

Soutomaior

Moreira

551

195,55

Descoñecido (Hros. de Juan (Do Gallego) S-P S-S)

859/2023

23.10.2023

36053A01900743

Soutomaior

Rial

704,32

118,95

descoñecido (David Pérez Movilla)

1709/2023

18.12.2023

36053A00800583

Soutomaior

Cortellas

259

43,83

Descoñecido (José Durán S-S)

664/2021

19.4.2024

36053A01401620

Soutomaior

Feixoeira

597

100,83

Descoñecido (Claudio Taboada González)

696/2018

19.4.2024

36053A01900914

Soutomaior

Rial

2047

345,72

Descoñecido

749/21

23.10.2023

36053A01900285

Soutomaior

Rial

1.566,23

264,52

María del Carmen Balado Pérez

836/21

21.2.2024

36053A01402013

Arcade

Arcade

446,37

75,39

Ana Belén Fernández Vila

837/21

21.2.2024

36053A01402359

Arcade

Arcade

155,91

26,33

Ana Belén Fernández Vila

1º. En virtude do que antecede, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do presente anuncio ou da data da notificación por correo postal no caso de que a dita notificación se fixese efectiva con posterioridade á data de publicación do presente anuncio.

2º. Dado que se trata de parcelas incluídas en parroquias priorizadas, entenderase cumprido voluntariamente o deber de xestión da biomasa no caso de que, con anterioridade á finalización do devandito prazo, a persoa responsable subscriba o contrato de xestión da biomasa no marco do sistema público de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión da biomasa, recollido no anexo III do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG nº 156, do 17 de agosto de 2018).

3º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello a través do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG nº 156, do 17 de agosto de 2018) procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá o deber legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, excepto nos supostos excepcionais recollidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio, para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

4º. En caso de persistencia no incumprimento e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais respecto diso, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderá á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter desta lei.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

Soutomaior, 10 de maio de 2024

Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde