DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 28 de maio de 2024 Páx. 32544

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lousame

ANUNCIO de finalización do proceso selectivo e contratación como persoal laboral fixo persoal PAI.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 252/2023, do 24.4.2024, acordouse realizar a contratación como persoal laboral fixo, para obter a praza obxecto de estabilización no proceso selectivo con expediente 2022/E001/000037 (auxiliar PAI), a favor de:

Identidade do aspirante

DNI

María Begoña Castro Rey

***6184**

María Dolores Lorenzo Queiro

***6737**

O que se publica no cumprimento da base xeral núm. 13 e da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Contra a resolución da Alcaldía poderán interpoñerse, alternativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses, segundo os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (LPACAP), e o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Lousame, 29 de abril de 2024

Mª Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa