DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 28 de maio de 2024 Páx. 32541

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO do 8 de maio de 2024 de notificación do procedemento de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa.

Ao non poder efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos propietarios das parcelas que se relacionan a seguir, por causa non imputable a esta administración, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Expediente municipal

Ref. catastral

polígono/parcela

Localización

Persoa interesada

Liquidación

provisional

1742/2023

36012B507010860000FQ

(polígono 507, parcela 1086)

Paraños

Adelina Otero Otero

445 €

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para o que se informa que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do concello dos datos catastrais da parcela. O prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Notificación de inicio de orde de execución: 15 de novembro de 2023.

Notificación de orde de execución: 19 de decembro de 2023.

Considerando que os artigos 7.d), 22.4 e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, lle posibilita a este concello a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, con repercusión dos custos ás persoas responsables. Resolución do decreto de execución subsidiaria do 7 de maio de 2024.

O Concello poderá liquidar o custo provisional de maneira anticipada desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados na Lei xeral tributaria, sen prexuízo da súa liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 445 euros.

Cando a identidade da persoa responsable non sexa coñecida ao tempo de proceder á execución subsidiaria, a repercusión dos custos aprazarase ao momento en que, se é o caso, chegue a ser coñecida, sempre que non prescribisen os correspondentes dereitos de cobranza a favor da Facenda pública.

Considerando que o artigo 22.9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obrigación das persoas responsables de facilitar os accesos necesarios aos suxeitos que acometan os traballos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, sen que sexa preciso o consentimento do seu titular, salvo aqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio, para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no que se poderán adoptar medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Considerando o artigo 54, da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais respecto diso, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderá á persoa titular da Alcaldía.

O incumprimento das obrigacións que a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece por parte da persoa propietaria do terreo implicará o incumprimento da función social da propiedade e será causa de expropiación forzosa por interese social, no caso de que os custos acumulados da execución subsidiaria dos traballos de xestión da biomasa que a Administración actuante asumise con cargo ao seu orzamento, e que non poida repercutir a aquela por descoñecerse a súa identidade, superen o valor catastral da parcela.

Cerdedo-Cotobade, 8 de maio de 2024

Jorge Cubela López
Alcalde presidente