DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 27 de maio de 2024 Páx. 32344

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 23 de maio de 2024 polo que se fai pública a distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións ao Parlamento Europeo convocadas polo Real decreto 363/2024, do 9 de abril, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día 22 de maio de 2024 e aprobada por esta xunta electoral provincial o 23 de maio.

A Xunta, en cumprimento do previsto na Instrución nº 4/2011, do 24 de marzo, da XEC, de interpretación do artigo 66 da LOREG, no relativo ás garantías de respecto aos principios de pluralismo, igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa polos medios de comunicación en período electoral, acorda a publicación no DOG do anuncio de aprobación da proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día 22 de maio de 2024, a favor as entidades políticas concorrentes ás eleccións ao Parlamento Europeo. Así mesmo, farase constar que as entidades políticas que se consideren afectadas poderán examinar a dita proposta e os seus antecedentes, na Secretaría desta xunta, no prazo preclusivo do día seguinte ao da publicación do acordo e formular ante esta xunta electoral, dentro do mesmo prazo, as reclamacións ou recursos que consideren oportuno.

A Coruña, 23 de maio de 2024

Francisco-Javier Pedreira Sánchez
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña