DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 27 de maio de 2024 Páx. 32343

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024 pola que se lle dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de xaneiro a abril do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia
(Inega) nos meses xaneiro, febreiro, marzo e abril

Convenio

Data de sinatura

Achega Axencia

Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Semana Verde de Galicia para a celebración da Feira de Enerxía Enerxétika 2024.

16.2.2024

80.000,00 €

Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Universidade de Santiago de Compostela para a prestación de asesoramento en materia de almacenamento enerxético.

12.4.2024

60.000,00 €