DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 27 de maio de 2024 Páx. 31782

I. Disposicións xerais

Consellería de Economía e Industria

DECRETO 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.

Con data do 14 de abril de 2024 publícase no Diario Oficial de Galicia o Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, coa finalidade de adaptala ás necesidades que o momento aconsella e tendo en conta os criterios de eficacia e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa. Nesta estrutura queda integrada a Consellería de Economía e Industria.

O novo esquema organizativo concrétase no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, o cal, no seu artigo 5, estrutura a Consellería de Economía e Industria nos seus órganos superiores e de dirección e adscríbelle os entes dependentes.

Consonte o anterior decreto, son órganos superiores e de dirección a Secretaría Xeral Técnica, a Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial e a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, e quedan adscritos o ente público Instituto Galego de Promoción Económica, o Instituto Enerxético de Galicia e a Axencia Galega da Industria Forestal.

No contexto actual, o impulso económico e industrial convértese no eixe fundamental no deseño, elaboración e execución da acción política da Consellería de Economía e Industria, co fin de continuar coa etapa de recuperación do crecemento económico da nosa Comunidade Autónoma.

Procede, polo tanto, elaborar un decreto novo que estableza de modo claro a estrutura e as funcións da Consellería.

Polo que respecta á organización dos servizos centrais, o decreto adáptase á nova estrutura de órganos superiores e directivos.

Polo que se refire á organización dos servizos periféricos, mantense a organización en catro departamentos territoriais na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, e adáptase a denominación e a estrutura periférica aos cambios introducidos polo Decreto 48/2024, do 22 de abril, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e aos cambios organizativos dos servizos centrais.

De conformidade coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a actual estrutura da Consellería de Economía e Industria axústase aos principios de austeridade, eficacia, eficiencia e coordinación no deseño e funcionamento da Administración pública.

En definitiva, a nova estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria pretende responder ao reto do crecemento económico e do desenvolvemento industrial, ao tempo que afonda no camiño xa iniciado de racionalización das estruturas administrativas, consolidando pautas de mellora continua na procura dunha maior eficacia e eficiencia no seu funcionamento.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Economía e Industria e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vinte de maio de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Ámbito competencial e organización xeral da Consellería de
Economía e Industria

Artigo 1. Ámbito competencial

A Consellería de Economía e Industria é o órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal, ademais daquelas competencias e funcións establecidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, lle corresponde, de conformidade co Estatuto de autonomía e coa Constitución, o exercicio de funcións en materia de:

a) Promoción e dinamización da economía, o impulso e a coordinación da política económica e industrial, así como a revisión da regulación con incidencia na economía.

b) Apoio xeral ao sector empresarial, fomentando a mellora da competitividade das empresas, incidindo no desenvolvemento tecnolóxico e na innovación, na transformación dixital, na sustentabilidade e na internacionalización.

c) Promoción e fomento do crecemento e consolidación das empresas, así como o apoio á creación, crecemento e consolidación das emerxentes innovadoras –startup–.

d) Coordinación, planificación, deseño e posta en marcha dos mecanismos públicos autonómicos de financiamento empresarial e industrial.

e) Impulso e promoción das industrias forestais.

f) Promoción industrial, solo empresarial, asesoramento e información na materia de propiedade industrial, administración e seguridade industrial, metroloxía e metais preciosos.

g) Planificación enerxética, recursos minerais e augas minerais e termais.

Artigo 2. Estrutura

Para o exercicio das súas funcións, a Consellería de Economía e Industria estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

1. Persoa titular da Consellería.

2. Secretaría Xeral Técnica.

3. Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético.

3.1. Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

3.2. Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.

4. Departamentos territoriais.

Artigo 3. Entidades instrumentais e demais órganos

1. Quedan adscritas á Consellería de Economía e Industria as seguintes entidades:

a) O ente de dereito público Instituto Galego de Promoción Económica.

b) A axencia Instituto Enerxético de Galicia.

2. Así mesmo, quedan adscritos á consellería os seguintes organismos:

a) O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia e o Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos de Galicia, a través da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

b) O CIS Galicia-Centro de Innovación e Servizos para a Tecnoloxía e o Deseño, a través da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.

3. Por último, quedan adscritos á consellería, co carácter, misión e funcións establecidos nas súas respectivas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:

a) O Consello Galego de Economía e Competitividade, creado pola Lei 9/2013, do 19 de decembro.

b) A Comisión para a planificación e o impulso de proxectos que van ser financiados polo instrumento Next Generation (NGEU), regulada pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

c) A Mesa de Empresa e Innovación creada pola Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas mediante a modificación da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

d) O Consello Galego de Seguridade Industrial creado polo texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro.

TÍTULO II

Órganos centrais

CAPÍTULO I

Persoa titular da Consellería

Artigo 4. Persoa titular da Consellería

A persoa titular da Consellería é a superior autoridade deste departamento e está investida das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

CAPÍTULO II

Secretaría Xeral Técnica

Sección 1ª. Atribucións e estrutura

Artigo 5. Atribucións

Baixo a superior dirección da persoa titular da Consellería, consonte o artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Secretaría Xeral Técnica exercerá as competencias e funcións establecidas nel, así como aqueloutras que lle sexan delegadas ou encomendadas pola persoa titular da Consellería e as restantes que lle atribúa o ordenamento xurídico, entre elas as seguintes:

a) O asesoramento e a coordinación de todos os órganos, servizos e entidades instrumentais adscritos á consellería.

b) A emisión dos informes e a realización dos estudos técnicos e xurídicos correspondentes aos asuntos de que coñezan a Consellería ou as entidades públicas instrumentais adscritas a ela.

c) A remisión dos asuntos que deban someterse ao Consello da Xunta de Galicia ou ás súas comisións delegadas.

d) O seguimento da tramitación e rexistro dos convenios, acordos, protocolos e declaracións subscritos no ámbito competencial da Consellería.

e) A representación da Consellería nos órganos colexiados que exerzan funcións relacionadas coas súas competencias.

f) Exercer como punto de contacto para a Unidade de Mercado na Comunidade Autónoma, de conformidade co establecido na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e coas funcións establecidas na Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado.

g) Exercer as funcións da persoa encargada da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego na Consellería de Economía e Industria.

h) A suplencia, nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade, así como de abstención ou recusación declaradas, das persoas titulares dos órganos directivos da Consellería nos supostos a que se refire a disposición adicional primeira.

i) Calquera outra que lle atribúa a normativa en vigor.

Artigo 6. Estrutura

A Secretaría Xeral Técnica estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

1. Vicesecretaría Xeral.

1.1. Servizo de Calidade e Apoio Normativo.

2. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Recursos Humanos.

2.1. Servizo Técnico-Xurídico.

2.2. Servizo de Recursos Humanos.

3. Subdirección Xeral de Coordinación Económica.

3.1. Servizo de Contratación.

3.2. Servizo de Xestión Económica.

4. Servizo de Apoio Técnico.

5. Asesoría Xurídica de Industria.

6. Asesoría Xurídica de Economía.

7. Intervención Delegada.

Sección 2ª. Vicesecretaría Xeral

Artigo 7. Vicesecretaría Xeral

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, a Vicesecretaría Xeral exercerá as funcións de coordinación e apoio na dirección e xestión das competencias da Secretaría Xeral Técnica e as de apoio á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica na coordinación das unidades, órganos e entes dependentes da Consellería.

2. De xeito directo, ou a través do servizo que nela se integra, desenvolverá as seguintes funcións:

a) A coordinación do funcionamento das subdireccións integrantes da Secretaría Xeral Técnica e a coordinación desta última cos centros directivos, así como cos organismos e entidades dependentes dela.

b) A organización do rexistro e o control do arquivo no ámbito da Consellería.

c) O impulso á implantación da administración electrónica no ámbito da Consellería.

d) A coordinación das funcións que corresponden á consellería en materia de transparencia, información pública, protección de datos, así como os requirimentos e peticións do Defensor do Pobo e do Valedor do Pobo.

e) A coordinación das unidades responsables de transparencia e o cumprimento das obrigas de información institucional, organizativa e de planificación en materia de transparencia.

f) A coordinación, para a súa remisión e correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia, ou en calquera outro diario oficial, das disposicións e actos administrativos ditados polos distintos órganos da Consellería.

g) A asistencia á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica para o estudo e preparación das reunións da Comisión de Secretarios Xerais, en coordinación co Servizo de Apoio Técnico.

h) O estudo, a preparación e o informe dos asuntos que se eleven ao Consello da Xunta de Galicia, en coordinación co Servizo de Apoio Técnico.

i)A coordinación na tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral que elaboren os distintos órganos de dirección da Consellería.

j) A coordinación da resolución dos obstáculos e barreiras á competitividade económica comunicados a través dos modelos normalizados ou por calquera outro medio.

k) A especial coordinación coa Subdirección Xeral de Coordinación Económica na xestión dos fondos Next Generation.

l) A coordinación cos departamentos territoriais, sen prexuízo da que, dentro do seu ámbito funcional, lles corresponda ás demais unidades.

m) A asistencia, en representación da Consellería, aos órganos de participación para os cales se designe.

n) A suplencia, nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade, así como de abstención ou recusación declarada, da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, agás a asistencia ás reunións da Comisión de Secretarios Xerais.

o) A salvagarda da aplicación transversal do principio de igualdade entre mulleres e homes no ámbito das funcións de coordinación e impulso empresarial.

p) O apoio, asesoramento e emisión de informe sobre aquelas cuestións que especificamente lle encomende a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

q) Calquera outro asunto que lle poida ser encomendado pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica no exercicio das súas atribucións.

3. Baixo a súa dirección e dependencia, a Vicesecretaría Xeral disporá, para o desenvolvemento das súas funcións, da seguinte unidade administrativa, con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Calidade e Apoio Normativo.

Artigo 8. Servizo de Calidade e Apoio Normativo

O Servizo de Calidade e Apoio Normativo exercerá as seguintes funcións:

a) A coordinación e o desenvolvemento da implantación da administración electrónica no ámbito da Consellería.

b) A tramitación dos requirimentos, queixas e peticións formulados polo Defensor do Pobo, o Valedor do Pobo, a cidadanía e outros órganos e institucións, se non son atribución doutro órgano da Consellería.

c) A elaboración de estudos e propostas sobre a estruturación, planificación, organización, modernización, métodos de traballo e de mellora da xestión.

d) A coordinación do sistema de xestión de procedementos administrativos e outros de contido administrativo que lle atribúan as persoas titulares da Secretaría Xeral Técnica e da Vicesecretaría Xeral.

e) O impulso da elaboración dos catálogos administrativos de trámites e procedementos para a implantación de iniciativas empresariais.

f) O apoio ás actuacións de xestión en materia de protección de datos no ámbito da Consellería.

g) A elaboración de modelos, instrucións, protocolos de actuación ou calquera outro instrumento de coordinación que lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral Técnica e a Vicesecretaría Xeral.

h) A realización de estudos e informes que lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral Técnica e a Vicesecretaría Xeral.

i) O estudo e a tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións que elaboren os centros directivos da Consellería, así como a preparación das recompilacións e refundicións das normas emanadas desta.

j) O rexistro, arquivamento e custodia das disposicións normativas emanadas da Consellería ou dos seus centros directivos.

k) En xeral, cantas funcións lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral Técnica e a Vicesecretaría Xeral no exercicio das competencias que lle sexan propias.

Sección 3ª. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Recursos Humanos

Artigo 9. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Recursos Humanos

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Recursos Humanos exercerá as funcións de coordinación e apoio na dirección e xestión da actividade da Secretaría Xeral Técnica, con especial referencia ás competencias de réxime xurídico e recursos humanos.

1. De xeito directo, ou a través das unidades administrativas que se integran nela, desenvolverá as seguintes funcións:

a) A tramitación dos requirimentos e peticións formulados á Consellería polos xulgados e tribunais.

b) A xestión dos asuntos relacionados cos recursos humanos da Consellería, así como o seguimento e control do rexistro de persoal, sen prexuízo das atribucións que lle correspondan aos órganos da Consellería competente en materia de función pública.

c) O estudo, a coordinación e proposta de resolución de reclamacións, recursos administrativos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da Consellería, cando non sexan competencia doutros órganos.

d) A coordinación da xestión dos recursos contencioso-administrativos e da colaboración coa Asesoría Xurídica, cando non corresponda a outros órganos.

e) O estudo, a coordinación e a revisión da proposta de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial, cuxa resolución corresponda á persoa titular da Consellería.

f) O estudo e a coordinación da tramitación de expedientes sancionadores que lle resulten atribuídos, consonte a normativa aplicable.

g) O exercicio das funcións que teña encomendadas a Consellería con relación ás fundacións de interese galego sobre as cales exerza o protectorado e as funcións como sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

h) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, protocolos de actuación ou calquera outro instrumento que se considere axeitado, cos órganos e unidades administrativas da Consellería que desenvolvan funcións xurídico-administrativas.

i) O apoio a calquera órgano e unidade administrativa da Consellería ou das entidades instrumentais adscritas a ela, segundo o mandato que para o efecto lle encomende a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, no ámbito das súas atribucións.

j) O asesoramento e a emisión de informe sobre aquelas cuestións que lle encomende a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, no ámbito das súas atribucións.

k) Calquera outro asunto que lle poida ser encomendado pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, no ámbito das súas atribucións.

3. Baixo a súa dirección e dependencia, a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Recursos Humanos disporá, para o desenvolvemento das súas funcións, das seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo Técnico-Xurídico.

b) Servizo de Recursos Humanos.

Artigo 10. Servizo Técnico-Xurídico

O Servizo Técnico-Xurídico exercerá as seguintes funcións:

a) A elaboración das propostas de resolución dos recursos de alzada, de reposición, de revisión e das solicitudes de revisión de oficio.

b) A elaboración das resolucións sancionadoras de competencia da persoa titular da Consellería e do Consello da Xunta, cando non estea atribuída a outras unidades.

c) A elaboración dos actos de inicio e resolución dos procedementos de responsabilidade patrimonial.

d) O apoio á Asesoría Xurídica na tramitación dos recursos contencioso-administrativos e demais asuntos litixiosos en que a Consellería sexa parte interesada.

e) A tramitación dos requirimentos e peticións formulados á Consellería polos xulgados e tribunais.

f) O apoio, asesoramento e asistencia na tramitación de procedementos administrativos e elaboración de propostas de resolución de competencia dos diferentes órganos da Consellería, así como das entidades instrumentais a ela adscritas.

g) O exercicio das funcións de xestión, tramitación e custodia, relativas ao exercicio do protectorado das fundacións de interese galego dependentes da Consellería.

h) A elaboración de instrucións, protocolos de actuación, informes, estudos ou calquera outro instrumento de carácter técnico-xurídico que lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral Técnica e a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Recursos Humanos.

i) En xeral, cantas funcións lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral Técnica e a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Recursos Humanos no exercicio das competencias que lle sexan propias.

Artigo 11. Servizo de Recursos Humanos

O Servizo de Recursos Humanos exercerá as seguintes funcións:

a) As funcións que lle sexan asignadas como órgano estatístico sectorial da Consellería.

b) A ordenación e o control da xestión de todo o persoal da Consellería e, en especial, a xestión e administración ordinaria do persoal funcionario e laboral adscrito aos servizos centrais.

c) A coordinación dos servizos periféricos da Consellería e das súas entidades instrumentais en materia de persoal.

d) A tramitación dos expedientes administrativos relativos a persoal funcionario, laboral e eventual.

e) O mantemento e a actualización da base de datos de persoal funcionario e laboral dos servizos centrais da Consellería, a coordinación nesta materia da actuación dos servizos periféricos e das entidades instrumentais adscritas, así como a organización, a custodia e o arquivamento dos expedientes do persoal dos servizos centrais da Consellería.

f) A tramitación e xestión dos permisos, vacacións e licenzas do persoal dos servizos centrais da Consellería, así como o apoio nesta materia aos servizos periféricos e entidades instrumentais adscritas, sen prexuízo das funcións que teñan atribuídas outros órganos da Consellería e da Xunta de Galicia.

g) O control de asistencia e puntualidade do persoal dos servizos centrais, así como a coordinación e supervisión do control que neste ámbito efectúen os servizos periféricos e as entidades instrumentais adscritas á consellería.

h) A programación das necesidades de persoal da Consellería e das súas entidades instrumentais.

i) A formulación das propostas relativas ás relacións de postos de traballo da Consellería, así como a coordinación das propostas que formulen neste ámbito as entidades instrumentais adscritas.

j) A habilitación de gastos de persoal dos servizos centrais da Consellería, sen prexuízo das atribucións doutros órganos da Consellería e das entidades instrumentais.

k) A xestión e tramitación da nómina do persoal adscrito aos servizos centrais da Consellería.

l) O cumprimento das obrigas en materia de seguridade social e dereitos pasivos.

m) O estudo, a tramitación e elaboración das propostas de resolución en materia de recursos humanos, a elaboración dos correspondentes informes e a coordinación da documentación necesaria en relación coas demandas e recursos interpostos na vía xudicial, así como, de ser o caso, a execución de sentenzas, en materia de persoal dos servizos centrais da Consellería, e a coordinación e o apoio nesta materia con respecto ao persoal dos servizos periféricos e entidades instrumentais adscritas á consellería.

n) O estudo, a coordinación e a proposta de resolución dos procedementos disciplinarios cuxa resolución corresponda á persoa titular da Consellería ou ao Consello da Xunta de Galicia, con respecto ao persoal dependente da Consellería e das súas entidades instrumentais.

o) En xeral, cantas funcións lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral Técnica e a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Recursos Humanos, no exercicio das competencias que lle sexan propias.

Sección 4ª. Subdirección Xeral de Coordinación Económica

Artigo 12. A Subdirección Xeral de Coordinación Económica

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, a Subdirección Xeral de Coordinación Económica exercerá as funcións de coordinación e apoio na dirección e xestión da actividade da Secretaría Xeral Técnica, con especial referencia ás competencias de contratación, xestión do patrimonio e xestión económica.

2. De xeito directo, ou a través das unidades administrativas que se integran nela, desenvolverá as seguintes funcións:

a) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa, sen prexuízo das competencias que lles correspondan a outros órganos.

b) A xestión dos investimentos, compras, subministracións e servizos da Consellería, sen prexuízo das competencias que lles correspondan a outros órganos.

c) O control, a coordinación e a execución dos proxectos de obra da Consellería.

d) A organización, a coordinación e a supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

e) A conservación e o mantemento das dependencias e edificios adscritos á consellería.

f) A coordinación da confección e tramitación do anteproxecto de orzamentos dos órganos da Consellería e entidades instrumentais adscritas, o seguimento e o control interno da execución orzamentaria, así como a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias, en coordinación cos órganos e entidades implicados.

g) A execución da xestión orzamentaria efectuando os trámites económico-administrativos dos expedientes de gasto e as propostas de pagamento da Consellería.

h) O asesoramento en materia orzamentaria aos órganos e entidades instrumentais da Consellería.

i) A supervisión, a coordinación e a elaboración das instrucións necesarias para que os órganos e entidades da Consellería efectúen unha correcta execución do orzamento.

j) A supervisión e a coordinación da tramitación dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a consellería, así como a súa remisión ao órgano encargado de realizar os trámites necesarios para o seu rexistro.

k) Calquera outro asunto que lle poida ser encomendado pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, no ámbito das súas atribucións.

3. Baixo a súa dirección e dependencia, a Subdirección Xeral de Coordinación Económica disporá, para o desenvolvemento das súas funcións, das seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Contratación.

b) Servizo de Xestión Económica.

Artigo 13. Servizo de Contratación

O Servizo de Contratación exercerá as seguintes funcións:

a) A xestión dos expedientes de contratación administrativa que sexan competencia da Consellería, cando se trate de concesións de servizos, subministracións, servizos e contratación centralizada, ou calquera outra figura contractual, excepto aqueles cuxa xestión estea atribuída a outros servizos da Consellería.

b) A particular xestión da contratación integrada de Redexga relativa á electricidade, gas, gasóleo e calquera outra subministración susceptible de inclusión.

c) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa da Consellería, cando se trate de obras, equipamentos, servizos relacionados coas obras ou calquera outra figura contractual, que non estean expresamente atribuídos a outros órganos.

d) A xestión ante as entidades, órganos ou organismos públicos correspondentes das autorizacións sectoriais preceptivas e das licenzas necesarias para a execución dos expedientes de obras que sexan da súa competencia.

e) A supervisión, a coordinación técnica e a inspección, de ser o caso, dos proxectos de obras da Consellería e das súas entidades instrumentais, así como da correspondente execución material, sen prexuízo do establecido no artigo 39 respecto das funcións do Servizo de Seguimento e Oficina Técnica.

f) A realización, se é o caso, dos traballos facultativos propios das obras de construción, reforma e reparación das instalacións adscritas á consellería, sen prexuízo do establecido no artigo 39 respecto das funcións do Servizo de Seguimento e Oficina Técnica.

g) O seguimento e control da execución dos contratos.

h) O impulso e a coordinación das necesidades en materia de contratación dos distintos órganos e unidades administrativas da Consellería, así como das entidades instrumentais adscritas a ela.

i) A coordinación e elaboración de instrucións e fixación de criterios en materia de contratación.

j) A programación da execución de calquera fondo finalista destinado a investimentos nos centros dependentes da Consellería e a súa xestión.

k) A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á consellería, sen prexuízo das competencias que lles correspondan a outros órganos.

l) A tramitación e elaboración de convenios, no ámbito das súas atribucións.

m) A elaboración dos informes técnicos que lle sexan requiridos polas persoas titulares da Secretaría Xeral Técnica e da Subdirección Xeral de Coordinación Económica.

n) En xeral, cantas funcións lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral Técnica e a Subdirección Xeral de Coordinación Económica, no exercicio das competencias que lle sexan propias.

Artigo 14. Servizo de Xestión Económica

O Servizo de Xestión Económica exercerá as seguintes funcións:

a) O asesoramento en materia orzamentaria aos órganos e entidades instrumentais da Consellería.

b) A coordinación, tramitación, impulso e preparación do anteproxecto de orzamentos da Consellería e das súas entidades adscritas.

c) A tramitación das propostas de modificacións orzamentarias da Consellería e das súas entidades instrumentais, así como a tramitación da variación dos límites orzamentarios.

d) A execución da xestión orzamentaria, efectuando e, de ser o caso, impulsando os trámites económico-administrativos dos expedientes de gasto e as propostas de pagamento dos servizos centrais da Consellería, sen prexuízo das atribucións doutros órganos neste campo.

e) A elaboración das instrucións necesarias para que os centros de gasto efectúen unha correcta xestión orzamentaria, así como a análise e supervisión da súa execución, de acordo coa normativa vixente.

f) A xestión de taxas e de prezos públicos da Consellería e entidades instrumentais, así como a coordinación neste eido con todos os órganos e entidades dependentes, xunto coa tramitación dos expedientes de devolución de ingresos indebidos de taxas.

g) A elaboración do escenario de ingresos propios dos organismos autónomos e axencias adscritos á consellería, así como o seguimento e a análise da execución orzamentaria correspondente aos ditos ingresos.

h) A xestión dos obxectivos estratéxicos e operativos, indicadores e actuacións de todo o sector público da Consellería, en aplicación do Plan estratéxico de Galicia, e de todos os plans sectoriais da propia consellería.

i) A coordinación, o impulso e seguimento das axudas públicas xestionadas pola consellería mediante ordes e convenios, así como a súa coherencia co Plan estratéxico de Galicia, e de todos os plans sectoriais da propia consellería.

j) O seguimento da execución dos proxectos do orzamento de gastos cofinanciados con fondos europeos ou con outros recursos catalogados como financiamento condicionado.

k) A habilitación dos gastos correntes dos servizos centrais da Consellería e a coordinación e supervisión destas tarefas nos servizos periféricos da Consellería e nas entidades instrumentais adscritas.

l) A planificación, habilitación e seguimento da provisión de créditos para gastos de mantemento dos distintos órganos, unidades administrativas e oficinas que se lle asignen, tanto de servizos centrais como periféricos, baixo a modalidade de pagamentos para xustificar.

m) A xestión orzamentaria dos recursos derivados de transferencias internas e de capital aos organismos autónomos e axencias adscritas á Secretaría Xeral Técnica, e o seguimento dos adscritos a outros centros xestores.

n) A realización de estudos e informes nas materias a que fan referencia as funcións anteriores.

o) A colaboración na xestión dos expedientes de contratación administrativa que sexan competencia doutros servizos da Consellería cando concorran necesidades que así o xustifiquen.

p) En xeral, cantas funcións lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral Técnica e a Subdirección Xeral de Coordinación Económica, no exercicio das competencias que lle sexan propias.

Artigo 15. Servizo de Apoio Técnico

Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, o Servizo de Apoio Técnico exercerá a seguintes funcións:

a) O apoio directo á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica nas tarefas de xestión que esta especificamente lle asigne.

b) O apoio a outros servizos nas súas tarefas, en atención ás especiais cargas de traballo e sempre que o acorde a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

c) O apoio á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica na coordinación coa Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Estratéxico no que afecta as tramitacións vinculadas á implantación de proxectos industriais e/ou mineiros.

d) O estudo dos asuntos que teñan que elevarse á Comisión de Secretarios Xerais e ao Consello da Xunta de Galicia, en coordinación coa persoa titular da Vicesecretaría Xeral.

e) A coordinación e xestión das publicacións e, nomeadamente, a representación da Consellería na Comisión e no Consello de Publicacións da Xunta de Galicia.

f) As concretas funcións normativas e de mellora regulatoria, dando trámite ás propostas presentadas a través de modelo normalizado.

g) A análise e o apoio na tramitación dos obstáculos e barreiras á competitividade económica comunicados a través dos modelos normalizados ou por calquera outro medio, en coordinación coa Vicesecretaría Xeral.

h) A análise e o apoio na tramitación das propostas relativas á Unidade de Mercado (Lei de garantía da unidade de mercado (LGUM).

i) A xestión da iniciativa galega Concellos Emprendedores.

j) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

Sección 5ª. Asesorías xurídicas

Artigo 16. Asesorías xurídicas da Consellería de Economía e Industria

1. A Asesoría Xurídica de Industria e a Asesoría Xurídica de Economía, con niveis de subdireccións xerais, adscríbense organicamente á Secretaría Xeral Técnica e dependen funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral.

2. As asesorías xurídicas rexeranse polo disposto na Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público, e desenvolverán as funcións previstas na dita lei en relación coas súas respectivas áreas funcionais. En particular, ocuparanse, nas súas respectivas áreas funcionais, da asistencia xurídica ás entidades instrumentais dependentes da Consellería, segundo a Lei 4/2016, do 4 de abril; todo isto sen prexuízo da repartición funcional do traballo que poida realizar a Asesoría Xurídica Xeral.

3. As asesorías xurídicas terán adscrito o persoal que se estableza na correspondente relación de postos de traballo.

Sección 6ª. Intervención Delegada

Artigo 17. Intervención Delegada

1. A Intervención Delegada, con nivel de subdirección xeral, adscríbese organicamente á Secretaría Xeral Técnica e depende funcionalmente da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

2. As súas funcións e estrutura serán as especificamente previstas no decreto polo cal se estableza a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública.

CAPÍTULO III

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Sección 1ª. Atribucións e estrutura

Artigo 18. Atribucións

Baixo a superior dirección da persoa titular da Consellería de Economía e Industria, á Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético correspóndelle a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da Consellería en materia de industria, a administración, seguridade e calidade industrial, solo empresarial, metroloxía e metais preciosos; enerxía, recursos minerais e augas minerais e termais, e as restantes que lle atribúa o ordenamento xurídico.

En particular, a Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético exercerá as seguintes funcións:

a) A proposta á persoa titular da Consellería de Economía e Industria de estratexias no ámbito da política industrial, enerxética e mineira, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, en colaboración cos distintos departamentos da Xunta de Galicia, que teñan como obxectivo a mellora do sector industrial galego así como o aproveitamento sustentable dos recursos enerxéticos e mineiros.

b) A análise e proposta das medidas idóneas para a Comunidade Autónoma de Galicia que aseguren o impulso do binomio enerxía-industria, de forma que o aproveitamento dos recursos enerxéticos e mineiros en Galicia maximice o seu impacto positivo na actividade e no emprego industrial.

c) A dirección, coordinación e o impulso das actuacións que desenvolvan a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e de Solo Empresarial e da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, no ámbito das súas competencias, podendo prestar o apoio técnico e administrativo que permitan optimizar o dito desenvolvemento.

d) A elaboración de avaliacións de impacto das actuacións públicas en materia de industria, solo empresarial, enerxía e minas, no tecido industrial galego.

e) A promoción e a ordenación industrial de zonas con especiais problemas de reindustrialización, así como a análise e o seguimento da situación dos principais proxectos de natureza industrial no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) A actuación, en coordinación coa consellería competente en materia de emprego, para a busca e achega de solucións en situacións de dificultade empresarial que poñan en risco a actividade produtiva e, polo tanto, o emprego nos centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

g) A elaboración e proposta de estratexias en materia de solo empresarial, co obxecto de lles ofrecer ás persoas investidoras que pretendan a súa implantación empresarial ou industrial no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia aquelas localizacións de solo máis axeitadas ás necesidades dos proxectos que pretendan implantar ou ampliar.

h) O impulso, en colaboración con outras consellerías da Xunta de Galicia con competencias concorrentes, de iniciativas e proxectos industriais que supoñan un avance significativo para a actividade e o emprego industrial na Comunidade Autónoma.

i) A proposta, dirixida á persoa titular da Consellería de Economía e Industria, de declaración dun proxecto como proxecto industrial estratéxico ou proxecto de interese autonómico de carácter industrial, para a súa elevación, de ser o caso, ao Consello da Xunta de Galicia.

j) A tramitación, como órgano substantivo, dos procedementos de aprobación e autorización da implantación dos proxectos industriais estratéxicos, dos proxectos de interese autonómico de carácter industrial, os proxectos incluídos dentro do Programa de impulso e aceleración de proxectos industriais, así como doutros proxectos industriais, de acordo coa normativa vixente.

k) A proposta, dirixida á persoa titular da Consellería de Economía e Industria, para a inclusión dun proxecto industrial dentro do Programa de impulso e aceleración de proxectos industriais.

l) Calquera outra función que lle atribúa a normativa en vigor.

Artigo 19. Estrutura

Baixo a súa dirección e dependencia directa, a Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, para o cumprimento das competencias e funcións encomendadas, contará cos seguintes órganos e unidades:

1. Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

2. Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.

3. Subdirección Xeral de Proxectos.

4. Servizo de Coordinación Administrativa.

5. Servizo de Seguimento e Oficina Técnica.

Sección 2ª. Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Artigo 20. Atribucións

Baixo a superior dirección da persoa titular da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, a Dirección xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial exercerá as competencias e funcións en materia de estratexia industrial, administración industrial, seguridade e calidade industrial, solo empresarial, metroloxía e metais preciosos, e as restantes que lle atribúa o ordenamento xurídico e, entre elas, as seguintes:

a) O desenvolvemento, a promoción e coordinación da política industrial dentro da Comunidade Autónoma de Galicia en colaboración cos distintos departamentos da Xunta de Galicia.

b) O impulso da política da Xunta de Galicia en materia de industria, realizando informes, estudos e outros traballos técnicos; coordinando as actuacións en materia de industria e propoñendo e impulsando as melloras respecto das ditas actuacións.

c) O desenvolvemento de medidas dirixidas a facilitar a dispoñibilidade de solo empresarial, que permita a implantación de novas empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, ou a ampliación das existentes.

d) A proposta de disposicións para o establecemento, desenvolvemento e xestión da política en materia de solo empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a súa execución e avaliación.

e) A planificación, o desenvolvemento e a xestión do solo empresarial no ámbito autonómico.

f) A elaboración, promoción e xestión de plans e programas de promoción, adquisición e posta no mercado do solo empresarial que incentive o asentamento de empresas, a dinamización económica e o equilibrio territorial.

g) A adquisición de solo por calquera título, mesmo por expropiación forzosa, dos terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións e equipamento, para o desenvolvemento e a xestión da política de solo empresarial.

h) A administración, xestión, conservación e disposición do patrimonio de solo empresarial.

i) A preparación e proposta dos plans sectoriais de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia.

j) O impulso do desenvolvemento de infraestruturas en parques empresariais, así como o fomento do desenvolvemento de novas actividades industriais e, en xeral, calquera actuación de promoción e execución de actuacións de modernización e dotación de servizos avanzados no solo empresarial.

K) A xestión do Censo de solo empresarial de Galicia.

l) A cooperación con outras administracións públicas para o desenvolvemento do solo empresarial na forma prevista na normativa reguladora das áreas empresariais de Galicia e, en concreto, mediante a formalización e subscrición dos convenios e negocios xurídicos que procedan.

m) A tramitación e resolución das solicitudes de constitución das entidades urbanísticas de conservación de áreas empresariais previstas na normativa reguladora de áreas empresariais de Galicia.

n) A colaboración, con outros centros directivos da Consellería de Economía e Industria e con outras consellerías, para a busca e achega de solucións en situacións de dificultade empresarial que poñan en risco a actividade produtiva e, polo tanto, o emprego nos centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

o) A interlocución, no ámbito industrial, cos diferentes axentes económicos e sociais con representatividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

p) A coordinación e homoxeneización das actuacións dos servizos territoriais nas materias do seu ámbito competencial e funcional. Para estes efectos, para garantir a homoxeneidade de criterio en determinadas categorías ou tipos de asuntos, ou por razóns de repartición ou distribución das cargas de traballo, poderá dispor a actuación individual ou conxunta de persoal técnico ou unidades técnicas pertencentes a calquera órgano da dirección ou departamento territorial da Consellería, para os efectos da emisión de informes técnicos, calquera que sexa a unidade ou departamento territorial aos que estivese atribuída a competencia para o coñecemento do asunto. Así mesmo poderá impulsar a través do Consello Galego de Seguridade Industrial as seccións técnicas ou grupos de traballo en materia de regulamentos industriais.

q) A colaboración, con outros centros directivos da Consellería de Economía e Industria e con outras consellerías, para o impulso e o avance tecnolóxico nas diferentes actividades industriais, incluídas as manufactureiras, extractivas ou do ámbito enerxético.

r) O desenvolvemento das competencias da Comunidade Autónoma en materia de seguridade e calidade industrial.

s) O exercicio das competencias en materia de metroloxía, a través do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.

t) O exercicio das competencias en materia de contrastación de metais preciosos, a través do Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos de Galicia.

u) A elaboración de propostas normativas en materia de industria en relación con todas as competencias anteriores, así como a análise e supervisión dos proxectos normativos na materia promovidos polo Estado ou por outras consellerías que teñan incidencia no ámbito industrial.

v) Calquera outra función que, no marco das súas competencias, lle sexa asignada pola persoa titular da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético.

x) Calquera outra función que, no marco das competencias de solo empresarial, veñan atribuídas pola normativa de áreas empresariais e non estean atribuídas á persoa titular da Consellería.

Artigo 21. Estrutura

A Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Promoción Industrial e Solo Empresarial.

1.1. Servicio de Promoción Industrial.

1.2. Servizo de Planificación e Ordenación de Solo Empresarial.

2. Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial.

2.1. Servizo de Administración industrial-Segapi.

2.2. Servizo de Seguridade Industrial.

2.3. Servizo de Metroloxía e Metais Preciosos.

Artigo 22. A Subdirección Xeral de Promoción Industrial e Solo Empresarial

1. Á Subdirección Xeral de Promoción Industrial e Solo Empresarial correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

a) A proposta e o impulso dos plans e programas para o fomento, o crecemento, o avance tecnolóxico e a consolidación da industria, en colaboración cos demais órganos e entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma.

b) O impulso do desenvolvemento de instrumentos de promoción industrial na Comunidade Autónoma de Galicia, nomeadamente os plans directores dos distintos sectores industriais e o mapa industrial de Galicia, previstos na normativa vixente.

c) A proposta e realización da coordinación das liñas de cooperación en materia de planificación da promoción industrial coas demais administracións públicas.

d) A coordinación das actividades de promoción industrial cos programas nacionais e europeos, e a consecución dos obxectivos establecidos nestes ámbitos.

e) A elaboración e xestión dos programas de actuación en materia de promoción pública e de desenvolvemento do solo empresarial.

f) O desenvolvemento dos plans sectoriais de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia.

g) A proposta de disposicións normativas precisas relativas ás competencias en materia de solo empresarial.

h) A xestión dos correspondentes instrumentos urbanísticos, de ordenación do solo empresarial no territorio e proxectos de obras, así como dos expedientes de expropiación oportunos para a consecución dos fins da dirección.

i) A coordinación e o seguimento das encomendas ou convenios asinados con sociedades urbanísticas, empresas ou sociedades que teñan como finalidade a promoción e xestión do solo empresarial.

j) O desenvolvemento e a xestión das operacións de mellora, rehabilitación, rexeneración e renovación de solo empresarial.

k) A xestión da adquisición, cesión e alleamento de solo destinado a fins empresariais.

l) O apoio e asesoramento técnico para o correcto desenvolvemento dos diferentes programas de fomento das actuacións en materia de axudas en materia de solo empresarial.

m) A coordinación do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) e de todas as súas actividades.

n) A promoción e coordinación do Parque Industrial de Rozas (Lugo).

o) A xestión da Civil UAVs Initiative.

p) En xeral, cantas funcións lle sexan encomendadas pola Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial no exercicio das competencias que lle sexan propias.

2. A Subdirección Xeral de Promoción Industrial e Solo Empresarial estrutúrase nas seguintes unidades, con rango de xefatura de servizo:

a) Servicio de Promoción Industrial.

b) Servizo de Planificación e Ordenación de Solo Empresarial.

Artigo 23. Servizo de Promoción Industrial

O Servizo de Promoción Industrial exercerá as seguintes funcións:

a) A proposta do deseño, desenvolvemento, seguimento e coordinación de plans e programas para o fomento, o crecemento, o avance tecnolóxico e a consolidación da industria, en colaboración cos demais órganos e entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma.

b) A identificación dos sectores ou actividades industriais que, pola súa relevancia no ámbito tecnolóxico, innovador ou potencial poidan xerar cadeas de valor competitivas, e concentrar oportunidades de negocios futuros para Galicia, así como a proposta de medidas para o seu impulso.

c) A análise do tecido industrial galego e a proposta de estratexias e instrumentos de impulso á actividade e o emprego industrial en Galicia.

d) O seguimento dos plans e programas implantados en materia de promoción industrial para medir a súa eficiencia e eficacia, avaliando o seu impacto e propoñendo posibles medidas correctivas para acadar os resultados esperados.

e) A emisión de informe sobre os plans e os programas que afecten de maneira relevante a actividade industrial.

f) A realización de estudos, estatísticas, informes e análises do sector industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) O impulso e dinamización de instrumentos de política industrial de carácter territorial, co fin de facilitar o emprendemento industrial, promover a reactivación e/ou a reconversión industrial, e favorecer a loita contra o reto demográfico.

h) A posta en marcha, mantemento e difusión do mapa industrial de Galicia e das súas ferramentas estratéxicas asociadas.

i) A realización de todas aqueloutras actuacións que permitan impulsar, aprobar e manter iniciativas industriais dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

j) En xeral, cantas funcións lle sexan encomendadas pola Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial no exercicio das competencias que lle sexan propias.

Artigo 24. Servizo de Planificación e Ordenación de Solo Empresarial

Ao Servizo de Planificación e Ordenación de Solo Empresarial correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

a) O desenvolvemento e a xestión das operacións de creación de solo empresarial en que participe a dirección xeral, mediante os instrumentos previstos na normativa vixente.

b) A promoción do desenvolvemento e a execución de actuacións de modernización e dotación de servizos avanzados no solo empresarial.

c) A xestión e, de ser o caso, a redacción, dos correspondentes instrumentos urbanísticos, de ordenación de solo empresarial no territorio e proxectos, así como dos expedientes de expropiación oportunos para a consecución dos fins establecidos pola dirección xeral de que depende.

d) A xestión e adquisición do solo empresarial, mediante cesión gratuíta dos concellos, compra directa, permuta ou expropiación.

f) A xestión do Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial.

g) A xestión do Censo de Solo Empresarial.

h) A xestión e actualización do Observatorio de Solo Empresarial de Galicia.

i) A realización de estudos técnicos no ámbito da súa competencia.

j) A xestión das relacións administrativas cos xulgados e tribunais así como impulsar o cumprimento das sentenzas ditadas por estes, en materia de competencia de solo empresarial.

k) A xestión, coordinación e o seguimento das encomendas e/ou convenios asinados coas sociedades urbanísticas, empresas ou sociedades e cos concellos e outras entidades, nas materias da competencia da dirección técnica.

l) A xestión administrativa, económica e xurídica dos asuntos en materia de solo empresarial.

m) En xeral, cantas funcións lle sexan encomendadas pola Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial no exercicio das competencias que lle sexan propias.

Artigo 25. Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, a Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial exercerá as funcións relativas á planificación, ordenación, fomento e inspección da seguridade e calidade industrial, metroloxía e metais preciosos, sen prexuízo do deber de cumprimento das exixencias regulamentarias en materia de seguridade industrial que corresponden ás persoas titulares de instalacións industriais e do seu control e verificación polos organismos de control. Así mesmo, exercerá a coordinación dos servizos territoriais nas materias do seu ámbito competencial e funcional. En xeral, correspóndenlle cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón do seu ámbito competencial e funcional, pola Dirección Xeral.

2. De xeito directo, ou a través das unidades administrativas que se integran nela, desenvolverá as seguintes funcións:

a) A proposta de desenvolvemento normativo relativa á seguridade e calidade industrial, metroloxía e metais preciosos.

b) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, circulares, ordes de servizo ou calquera outro instrumento que se considere idóneo, dos órganos territoriais e unidades administrativas que dependan dela, no ámbito das súas competencias, así como a supervisión do seu cumprimento. En particular, os instrumentos anteriores poderán emitirse co fin de unificar criterios interpretativos en materia de seguridade industrial, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) A dirección, supervisión, coordinación e control das funcións desenvolvidas polas unidades administrativas que dependen dela.

d) O establecemento e a coordinación do marco funcional e de actuación relativo á planificación, á ordenación, ao fomento e á inspección en materia de seguridade e calidade industrial, metroloxía e metais preciosos.

e) A elaboración da proposta do anteproxecto de orzamentos da Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial, así como a coordinación da execución da xestión orzamentaria das actuacións correspondentes ao seu ámbito de competencias.

f) A coordinación, o impulso e seguimento das axudas públicas xestionadas polas unidades administrativas que dependen dela.

g) A proposta, coordinación e supervisión de actuacións para o estudo, a difusión e a promoción da seguridade e calidade industrial.

i) A coordinación e dirección das actuacións do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia e do Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos de Galicia.

k) A coordinación das actuacións relativas aos rexistros de entidades, empresas, instalacións e actividades incluídos no seu ámbito de competencias.

l) A coordinación do seguimento de resultados da planificación estratéxica no eido da seguridade e calidade industrial e a avaliación dos indicadores das actuacións.

m) A aprobación de plans xerais de inspección industrial de carácter anual, sen prexuízo do deber de cumprimento das exixencias regulamentarias en materia de seguridade industrial que corresponden aos titulares de instalacións industriais e do seu control e verificación polos organismos de control.

n) O apoio técnico e administrativo ao Consello Galego de Seguridade Industrial, co fin de que este órgano poida levar a cabo as súas funcións.

o) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por parte da persoa titular da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, en relación coas súas competencias.

3. Baixo a súa dirección e dependencia, a Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial disporá para o desenvolvemento das súas funcións das seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Administración Industrial-Segapi.

b) Servizo de Seguridade Industrial.

c) Servizo de Metroloxía e Metais Preciosos.

Artigo 26. Servizo de Administración Industrial-Segapi

O Servizo de Administración Industrial–Segapi exercerá as seguintes funcións:

a) A xestión das funcións derivadas de acordos coa Oficina Española de Patentes e Marcas.

b) A prestación de servizos de asesoramento e información sobre cuestións relacionadas coa propiedade industrial a través do Servizo Galego de Propiedade Industrial (Segapi).

c) A dirección e o seguimento das actuacións relativas á inspección técnica de vehículos.

d) A dirección e o seguimento das actuacións relativas á acreditación dos laboratorios de vehículos históricos e á catalogación dos vehículos como históricos.

e) A coordinación das actuacións relativas aos rexistros de entidades de formación, carnés e habilitacións profesionais en materia de seguridade industrial.

f) A autorización, a dirección e o seguimento das actuacións dos centros técnicos que realizan intervencións sobre tacógrafos.

g) A planificación e o desenvolvemento de ferramentas informáticas que permitan a tramitación telemática de expedientes administrativos no seu ámbito de competencias.

h) A elaboración de iniciativas normativas no seu ámbito de competencias.

i) O exercicio das competencias administrativas en relación coas instalacións radioactivas de segunda e terceira categorías e raios X con fins de diagnóstico médico, así como a xestión dos rexistros das ditas instalacións.

j) A asignación de contrasinais de homologación para prototipos de vehículos de transporte de mercadorías perecedoiras e perigosas.

k) A emisión de certificados para vehículos importados de transporte de mercadorías perecedoiras e perigosas.

l) Calquera outra función que lle sexa asignada polos órganos dos que depende.

Artigo 27. Servizo de Seguridade Industrial

1. O Servizo de Seguridade Industrial exercerá as seguintes funcións:

a) A proposta e o desenvolvemento de iniciativas normativas e outras actuacións dirixidas a promover a mellora da seguridade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) A promoción e execución das actuacións de modernización nas instalacións afectadas por regulamentos de seguridade industrial, co obxectivo de incrementar a protección das persoas e dos bens.

c) A coordinación da xestión dos rexistros de empresas prestadoras de servizos no ámbito da seguridade industrial.

d) A coordinación da xestión dos rexistros de instalacións e actividades especiais afectadas por regulamentos de seguridade industrial.

e) A planificación e o desenvolvemento de ferramentas informáticas que permitan a tramitación telemática de expedientes administrativos no seu ámbito de competencias.

f) A habilitación, a coordinación e o seguimento das actuacións dos organismos de control autorizado (OCA) e das entidades de certificación de conformidade municipal (ECCOM).

g) A coordinación da xestión do Rexistro Industrial de Galicia.

h) A coordinación e o control das actuacións relativas á verificación de contadores de consumo de enerxía e de auga no seu ámbito de competencias.

i) A elaboración, programación, seguimento e difusión de estudos e campañas informativas en materia de seguridade e calidade industrial.

j) A proposta de programas de formación especializados dirixidos ao persoal técnico da propia Administración que desenvolvan funcións de inspección en materia de seguridade e calidade industrial.

k) A coordinación e programación da vixilancia do mercado no seu ámbito de competencias.

l) A elaboración e proposta dos plans de inspección en materia de seguridade industrial.

m) A instrución e resolución do procedemento único integrado para a implantación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos, sendo o portelo de tramitación único ante as administracións que, por razón de materia, participen na tramitación dos expedientes administrativos de implantación destas instalacións.

n) Calquera outra función que, no ámbito das súas competencias, lle sexa encargada pola Subdirección xeral de Administración e Seguridade Industrial.

Artigo 28. Servizo de Metroloxía e Metais Preciosos

1. O Servizo de Metroloxía e Metais Preciosos exercerá competencias en materia de metroloxía e de contrastación de metais preciosos, así como as que lle atribúa a Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial, órgano de dirección do que depende funcionalmente.

2. En particular, ao Servizo de Metroloxía e Metais Preciosos correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A dirección técnica, administrativa, económica e de persoal do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia e do Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos de Galicia.

b) A inspección e o control das actuacións dos organismos autorizados de verificación metrolóxica, organismos de control metrolóxico e organismos notificados designados no ámbito da Comunidade Autónoma.

c) A elaboración e proposta dos plans de inspección en materia de metroloxía.

d) O apoio técnico do sector público autonómico en materia de metroloxía, mediante actuacións desenvolvidas de acordo cos procedementos de colaboración previstos na Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, e no resto da normativa vixente.

e) O apoio con carácter horizontal ao tecido industrial galego en actividades relacionadas coa medida, a través de actuacións de calibración, medida, ensaio, control metrolóxico do estado de determinados instrumentos, asesoramento e formación.

f) A asignación dos códigos dos precintos que usarán os distintos axentes implicados no control metrolóxico.

g) A coordinación na identificación dos programa de tarifas e responsables destes, oficialmente aprobadas pola Administración pública competente en materia de tarifas do servizo de taxi e posteriormente programadas nos taxímetros, logo do control polos organismos autorizados de verificación metróloxica.

h) O desenvolvemento das tarefas de contraste das pezas fabricadas con metais preciosos, segundo establece a lexislación de aplicación nesta materia, que exercerá a través das súas instalacións denominadas Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos de Galicia.

i) A elaboración e proposta, en coordinación cos órganos competentes en consumo e de seguridade cidadá, dos plans de vixilancia e inspección de obxectos fabricados con metais preciosos.

j) O exercicio das competencias administrativas en relación co Rexistro de Control Metrolóxico.

k) A elaboración, programación, seguimento e difusión de estudos e campañas informativas en materia de metroloxía e metais preciosos.

l) A proposta de programas de formación especializados dirixidos ao persoal técnico da propia Administración que desenvolvan funcións de inspección en materia de metroloxía e metais preciosos.

m) Calquera outra función que, no ámbito das súas competencias, lle sexa encargada pola Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial.

Sección 3ª. Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Artigo 29. Atribucións

Baixo a superior dirección da persoa titular da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas corresponderanlle a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da Consellería en materia de enerxía, recursos minerais e augas minerais e termais.

Artigo. 30. Estrutura

A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Enerxía e Planificación de Recursos.

1.1. Servizo de Infraestruturas e Promoción Enerxética.

1.2. Servizo de Planificación, Ordenación e Eficiencia Enerxética.

2. Subdirección Xeral de Recursos Minerais.

2.1. Servizo de Xestión Mineira.

Artigo 31. Subdirección Xeral de Enerxía e Planificación de Recursos

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, a Subdirección Xeral de Enerxía e Planificación de Recursos exercerá as funcións relacionadas coa planificación, ordenación e fomento no relativo á enerxía, ás infraestruturas enerxéticas e á eficiencia enerxética. Así mesmo, exercerá a coordinación dos servizos territoriais nas materias do seu ámbito competencial e funcional, incluída a relativa á tramitación dos expedientes de autorización das instalacións de enerxía solar fotovoltaica conectadas en baixa tensión de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia. En xeral, correspóndenlle cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón do seu ámbito competencial e funcional, pola Dirección Xeral.

2. De xeito directo, ou a través das unidades administrativas que se integran nela, desenvolverá as seguintes funcións:

a) A planificación dos recursos naturais no contexto da transición enerxética.

b) A proposta da normativa relativa ao réxime enerxético.

c) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, ou calquera outro instrumento que se considere idóneo, cos órganos territoriais e unidades administrativas que dependan dela, no ámbito das súas competencias, así como a supervisión do seu cumprimento.

d) A dirección, supervisión, coordinación e control das funcións desenvolvidas polas unidades administrativas que dependen dela.

e) O establecemento e a coordinación do marco funcional relativo á planificación e á ordenación enerxética, así como ao fomento no relativo ás infraestruturas enerxéticas, ás enerxías renovables e á eficiencia enerxética.

f) A elaboración da proposta do anteproxecto de orzamentos desta subdirección xeral, así como a coordinación da execución da xestión orzamentaria das actuacións correspondentes ao seu ámbito de competencias.

g) A coordinación, o impulso e seguimento das axudas públicas xestionadas polas unidades administrativas que dependen dela.

h) A coordinación e o impulso da tramitación de autorizacións relativas ás actividades destinadas á subministración de enerxía eléctrica e de gas, competencia da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.

i) A elaboración, proposta, coordinación e control de programas dirixidos ao fomento da investigación no eido das enerxías renovables, o aforro e a eficiencia enerxética, así como das infraestruturas enerxéticas.

j) A proposta e supervisión de actuacións para a difusión e a promoción das enerxías renovables, o aforro e a eficiencia enerxética, así como o fomento da seguridade e calidade da subministración eléctrica e de gas.

k) A coordinación e cooperación das actuacións no eido da enerxía coa axencia Instituto Enerxético de Galicia.

l) A coordinación do seguimento de resultados da planificación estratéxica no eido da enerxía e a avaliación dos indicadores das actuacións.

m) A supervisión e elaboración de informes solicitados por outros organismos á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, no ámbito das súas competencias.

3. Baixo a súa dirección e dependencia, a Subdirección Xeral de Enerxía e Planificación de Recursos disporá para o desenvolvemento das súas funcións das seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Infraestruturas e Promoción Enerxética.

b) Servizo de Planificación, Ordenación e Eficiencia Enerxética.

Artigo 32. Servizo de Infraestruturas e Promoción Enerxética

O Servizo de Infraestruturas e Promoción Enerxética exercerá as seguintes funcións:

a) A proposta da normativa relativa ao réxime enerxético, á produción, transporte, distribución e comercialización de electricidade e gas natural.

b) A emisión de instrucións para a ampliación, mellora e adaptación das redes e instalacións eléctricas e gasistas de transporte e distribución, e a supervisión do seu cumprimento.

c) A análise e os informes sobre os plans de investimento das empresas distribuidoras de electricidade e gas.

d) A proposta da planificación dos sectores eléctrico e gasista e de hidrocarburos, en coordinación coa axencia Instituto Enerxético de Galicia.

e) A tramitación e proposta de autorización das instalacións de transporte e distribución de electricidade e de gas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e, de ser o caso, o rexistro de instalacións.

f) A tramitación e proposta de autorización ás persoas e entidades comercializadoras de enerxía eléctrica e de gas natural cando o seu ámbito de actuación se circunscriba á Comunidade Autónoma de Galicia.

g) A planificación de ferramentas informáticas que permitan a tramitación telemática de expedientes administrativos, no seu ámbito de competencias.

h) A elaboración, proposta e execución de programas para a mellora das infraestruturas e da calidade da subministración de enerxía eléctrica e de gas.

i) A elaboración, proposta, desenvolvemento, execución e control de programas dirixidos a fomentar a investigación en materia de infraestruturas enerxéticas.

j) A elaboración, promoción e xestión de diferentes actuacións de fomento da calidade e seguridade da subministración enerxética a diferentes sectores económicos, incluída a cidadanía.

k) A xestión e tramitación das axudas sociais no ámbito enerxético dirixidas a paliar a pobreza enerxética de determinados consumidores.

l) A supervisión do cumprimento das obrigas dos xestores das redes de distribución eléctrica no seu respectivo territorio.

m) A supervisión do cumprimento das obrigas das empresas distribuidoras de gas no seu ámbito territorial.

n) A coordinación da supervisión dos plans de mantemento das empresas de distribución de enerxía eléctrica.

o) Calquera outra función que lle sexa asignada polos órganos de que depende.

Artigo 33. Servizo de Planificación, Ordenación e Eficiencia Enerxética

O Servizo de Planificación, Ordenación e Eficiencia Enerxética exercerá as seguintes funcións:

a) A proposta da normativa relativa ao réxime enerxético e ao aforro e eficiencia enerxética.

b) A proposta de planificación dos recursos naturais no contexto da transición enerxética.

c) O desenvolvemento da normativa no relativo ás instalacións de produción de enerxía competencia da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, así como ao ámbito do aforro e da eficiencia enerxética.

d) A planificación, a coordinación e o control das actuacións relativas á instalación, á ampliación e ao traslado das instalacións de produción de enerxía, competencia da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.

e) A tramitación e proposta de autorización das instalacións de xeración eléctrica de competencia da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas e, de ser o caso, o rexistro de instalacións, nos cales se inclúe o Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica.

f) A cooperación e coordinación de actuacións coa axencia Instituto Enerxético de Galicia nos campos das enerxías renovables, do aforro e da eficiencia enerxética.

g) A planificación de ferramentas informáticas que permitan a tramitación telemática de expedientes administrativos, no seu ámbito de competencias.

h) A coordinación da xestión do Rexistro de Certificación Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia coa axencia Instituto Enerxético de Galicia.

i) A promoción e difusión das campañas informativas relativas ao fomento das enerxías renovables e ao aforro e eficiencia enerxética.

j) A elaboración, proposta e execución de plans e proxectos nas áreas de aforro e eficiencia enerxética, así como na das enerxías renovables.

k) A elaboración, proposta, desenvolvemento, execución e control de programas dirixidos a fomentar a investigación, o desenvolvemento e a innovación, así como da implantación destes resultados, en materia de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética.

l) A proposta de actuacións que contribúan a difundir o coñecemento das medidas de aforro e eficiencia enerxética.

m) Calquera outra función que lle sexa asignada polos órganos de que depende.

Artigo 34. A Subdirección Xeral de Recursos Minerais

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, a Subdirección Xeral de Recursos Minerais exercerá as funcións relativas á planificación, ordenación, fomento, desenvolvemento e control da minaría de Galicia. Así mesmo, exercerá a coordinación dos servizos territoriais nas materias do seu ámbito competencial e funcional. En xeral, correspóndenlle cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón do seu ámbito competencial e funcional, pola Dirección Xeral.

2. De xeito directo, ou a través das unidades administrativas que se integran nela, desenvolverá as seguintes funcións:

a) A ordenación e planificación, en xeral, das actividades de exploración, investigación, aproveitamento e beneficio dos xacementos minerais e demais recursos xeolóxicos situados en Galicia, incluídas as correspondentes aos xacementos de hidrocarburos e de almacenamento xeolóxico de dióxido de carbono.

b) A proposta de desenvolvemento normativo relativo ao réxime mineiro, incluídas as augas minerais e termais, e á investigación de hidrocarburos, así como a programación e coordinación do exercicio das competencias administrativas en relación coas ditas materias.

c) A dirección e coordinación dos rexistros previstos na normativa mineira e de augas minerais e termais.

d) O impulso de plans, programas, medidas e incentivos económicos orientados ao desenvolvemento, á innovación, ao incremento da competitividade e á internacionalización do sector mineiro de Galicia, en coordinación coa Subdirección Xeral de Enerxía e Planificación de Recursos.

e) O impulso de plans e programas para mellorar o coñecemento dos recursos minerais, xacementos mineiros e recursos xeolóxicos de Galicia.

f) A planificación, programación e coordinación do exercicio das competencias administrativas relativas á execución da normativa no ámbito da seguridade mineira, así como o seu desenvolvemento lexislativo.

g) A planificación, programación e coordinación do exercicio das competencias administrativas en materia de prevención de riscos laborais en minas, canteiras e túneles que exixan a aplicación da técnica mineira nos traballos de manipulación e utilización de explosivos e nos establecementos vinculados ás actividades extractivas.

h) O control e rexistro das entidades de inspección e control regulamentario no ámbito mineiro.

i) O impulso de plans, programas, medidas e incentivos económicos orientados á mellora da seguridade e salubridade do sector mineiro de Galicia.

j) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, ou calquera outro instrumento que se considere idóneo, dos órganos territoriais e unidades administrativas que dela dependan, no ámbito das súas competencias, así como a supervisión do seu cumprimento.

k) A coordinación, impulso e seguimento das axudas públicas xestionadas polas unidades administrativas que dependen dela.

l) A elaboración da proposta do anteproxecto de orzamentos desta subdirección xeral, así como a coordinación da execución da xestión orzamentaria das actuacións correspondentes ao seu ámbito de competencias.

m) A coordinación das relacións da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas coa Cámara Oficial Mineira de Galicia.

3. Á marxe das funcións de coordinación, planificación, programación e supervisión que no correspondente ámbito sectorial asuma directamente esta subdirección xeral, para a tramitación administrativa e a xestión directa destas competencias, e baixo a súa dirección e dependencia, a Subdirección Xeral de Recursos Minerais contará coa seguinte unidade con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Xestión Mineira.

Artigo 35. Servizo de Xestión Mineira

O Servizo de Xestión Mineira exercerá as seguintes funcións:

a) A xestión e execución das competencias administrativas sobre o dominio público mineiro, sobre as augas minerais e termais e sobre a investigación dos hidrocarburos.

b) A xestión e o exercicio das competencias administrativas sobre o Rexistro Mineiro de Galicia e sobre os demais rexistros previstos na normativa mineira e de augas minerais e termais.

c) A xestión dos plans, programas, medidas e incentivos económicos orientados ao desenvolvemento, á innovación, ao incremento da competitividade e á internacionalización do sector mineiro de Galicia.

d) A execución das competencias administrativas en materia de seguridade e saúde no ámbito de aplicación da lexislación mineira.

e) A execución das competencias administrativas en materia de prevención de riscos laborais en minas, canteiras e túneles que exixan a aplicación da técnica mineira nos traballos de manipulación e utilización de explosivos e nos establecementos vinculados ás actividades extractivas.

f) A tramitación dos expedientes de autorización e rexistro das entidades de inspección e control regulamentarios no ámbito da seguridade mineira.

g) A execución da xestión orzamentaria das actuacións correspondentes ao ámbito de competencias da Subdirección Xeral de Recursos Minerais.

h) Calquera outra función que lle sexa asignada polos órganos de que depende.

Sección 4ª. Subdirección Xeral de Proxectos

Artigo 36. Atribucións e estrutura

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, a Subdirección Xeral de Proxectos exercerá as funcións relativas á planificación, ao impulso e á tramitación dos procedementos previstos pola normativa autonómica para favorecer a implantación das iniciativas empresariais. Así mesmo, exercerá a coordinación dos servizos territoriais nas materias do seu ámbito competencial e funcional. En xeral, correspóndenlle cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón do seu ámbito competencial e funcional, pola Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético.

2. De xeito directo, ou a través das unidades administrativas que nela se integran, desenvolverá as seguintes funcións:

a) O impulso dos procedementos administrativos dirixidos á declaración dun proxecto como proxecto industrial estratéxico ou como proxecto de interese autonómico de carácter industrial, así como para calquera outra declaración análoga vinculada ao impulso industrial prevista na normativa vixente.

b) O impulso e a tramitación, como órgano substantivo, dos procedementos de aprobación e autorización da implantación dos proxectos industriais estratéxicos, dos proxectos de interese autonómico de carácter industrial, así como doutros proxectos industriais, de acordo coa normativa vixente.

c) O impulso do procedemento administrativo dirixido á inclusión dun proxecto industrial dentro do Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais previsto no texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro.

d) A tramitación do procedemento administrativo previsto no texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, en relación cos proxectos incluídos dentro do Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, agás as competencias que lle corresponden á dirección xeral da Administración autonómica competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo, de acordo co dito texto refundido.

e) A coordinación no exercicio da potestade expropiatoria no marco da tramitación de proxectos que lle corresponda, que poderá ser exercida polas direccións territoriais correspondentes á localización do proxecto, a prol da persoa beneficiaria, e a adopción de todas as resolucións que impliquen exercicio da dita potestade, sen prexuízo da intervención, das facultades e das obrigas que legalmente lle corresponden á persoa beneficiaria.

f) A prestación da colaboración requirida pola persoa promotora e os concellos interesados para levar a bo fin as actuacións dos proxectos industriais cuxa tramitación lle corresponda á Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético.

g) A proposta de melloras normativas ou iniciativas que permitan o impulso de proxectos industriais en Galicia, en especial aqueles que teñan un interese e unha incidencia cualificada para o desenvolvemento ou a execución da política industrial galega e o tecido industrial galego.

h) A emisión dos informes, análises e estatísticas, relativas aos proxectos industriais obxecto da súa competencia, que lle sexan solicitados pola persoa titular da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético.

i) En xeral, cantas funcións lle sexan encomendadas pola persoa titular da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético no exercicio das competencias que lle sexan propias.

3. Baixo a súa dirección e dependencia, a Subdirección Xeral de Proxectos disporá, para o desenvolvemento das súas funcións, do Servizo de Impulso de Proxectos.

a) Servizo de Impulso de Proxectos.

Artigo 37. Servizo de Impulso de Proxectos

O Servizo de Impulso de Proxectos exercerá as seguintes funcións:

a) A análise técnica das iniciativas industriais presentadas ante a Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético para a súa posible declaración como algunha das figuras de axilización administrativa previstas na normativa vixente.

b) A colaboración con outros órganos de dirección da Consellería de Economía e Industria e doutras consellerías para a identificación de localizacións posibles para a implantación de proxectos industriais susceptibles de seren declaradas como algunha das figuras de axilización administrativa previstas na normativa vixente.

c) A tramitación dos procedementos necesarios para a proposta de declaración dun proxecto como proxecto industrial estratéxico, proxecto de interese autonómico de carácter industrial, ou para calquera outra declaración análoga vinculada ao impulso industrial previsto na normativa vixente.

d) A tramitación dos procedementos de aprobación da implantación dos proxectos industriais estratéxicos, dos proxectos incluídos dentro do Plan de impulso e aceleración dos proxectos industriais, dos proxectos de interese autonómico de carácter industrial ou doutros proxectos industriais cuxa tramitación, de acordo coa normativa vixente, lle corresponda á Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético.

e) A realización dos trámites que deriven do exercicio da potestade expropiatoria a prol da persoa beneficiaria e que sexan precisos para adoptar todas as resolucións que impliquen o exercicio da dita potestade, sen prexuízo da intervención, das facultades e das obrigas que legalmente lle corresponden á persoa beneficiaria.

f) Calquera outra función que lle sexa asignada polos órganos dos que depende.

Sección 5ª. Servizo de Coordinación Administrativa

Artigo 38. Servizo de Coordinación Administrativa

O Servizo de Coordinación Administrativa, baixo a dependencia orgánica e funcional da persoa titular da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, exercerá as seguintes funcións:

a) O apoio á elaboración e tramitación de anteproxectos de normas xurídicas nos ámbitos competenciais da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético e a articulación e coordinación da participación nos procesos de elaboración de normas xurídicas de competencia doutras consellerías, da Administración estatal ou da Unión Europea, relativas a/ou que incidan nos ámbitos competenciais da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético.

b) A colaboración cos órganos de dirección que dependen da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético para a aplicación uniforme das normas xurídicas que, en materia de industria, enerxía e minas, sexan competencia da Consellería de Economía e Industria, mediante a promoción da adopción e/ou difusión de criterios interpretativos, directrices ou instrucións. En particular, respecto da interpretación e aplicación da normativa técnica, a coordinación de grupos de traballo que debatan e fixen criterios técnicos.

c) O seguimento e a coordinación da participación da Comunidade Autónoma nos procesos de elaboración da normativa técnica levados a cabo en órganos nacionais ou internacionais, entre outros medios, a través da coordinación dos interlocutores de referencia que participen nos distintos órganos e comités que interveñen na elaboración da citada normativa.

d) O apoio técnico-xurídico á Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético nos ámbitos materiais da súa competencia e a coordinación de criterios e propostas de mellora respecto a aspectos procedementais en relación cos diversos procedementos administrativos sectoriais.

e) A proposta, o desenvolvemento e mantemento de solucións dirixidas a mellorar as tramitacións administrativas dos órganos de dirección que dependen da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, e a colaboración nas ditas tramitacións, co fin de axilizar os procedementos dirixidos á implantación de infraestruturas e proxectos.

f) As funcións inherentes á xestión económica execución, seguimento, control e xestión da execución dos contratos administrativos e actividades de fomento da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, así como a colaboración neste ámbito cos órganos de dirección que dependen dela, sen prexuízo das competencias que correspondan á Secretaría Xeral Técnica.

g) O seguimento e control dos convenios e protocolos da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, así como a colaboración neste ámbito cos órganos de dirección que dependen dela, sen prexuízo das competencias que correspondan á Secretaría Xeral Técnica.

h) A coordinación, no ámbito da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, das relacións institucionais co Valedor do Pobo e co Defensor do Pobo, así como con outras institucións, sen prexuízo das competencias que correspondan á Secretaría Xeral Técnica ou a outros órganos.

i) A proposta e/ou coordinación de actividades e programas de formación especializados dirixidos especificamente ao persoal técnico da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético ou, en xeral, ao persoal da dita secretaría xeral.

j) A coordinación e supervisión dos procedementos de acceso á información nos expedientes de que sexa competente para a súa autorización a Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético.

k) Calquera outra función que lle sexa encomendada, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético.

Sección 6ª. Servizo de Seguimento e Oficina Técnica

Artigo 39. Servizo de Seguimento e Oficina Técnica

O Servizo de Seguimento e Oficina Técnica, baixo a dependencia orgánica e funcional da persoa titular da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, exercerá as seguintes funcións:

a) O seguimento sobre o cumprimento das declaracións ambientais estratéxicas e informes ambientais estratéxicos dos plans ou programas en que a Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético ou os órganos de dirección que dela dependan sexan os órganos substantivos.

b) O seguimento sobre o cumprimento das declaracións de impacto ambiental e dos informes de impacto ambiental dos proxectos en que a Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético ou os órganos de dirección que dela dependan sexan os órganos substantivos, así como das instalacións de enerxía eólica terrestre, enerxía solar fotovoltaica e enerxía hidroeléctrica, de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e das súas instalacións de conexión.

c) A realización do programa específico de seguimento previsto no artigo 37.4 da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

d) A coordinación e tramitación de consultas sobre os seguimentos de avaliación ambiental previstos nos puntos anteriores, que sexan formuladas polos órganos ambientais competentes para a análise técnica dos expedientes de avaliación ambiental das referidas instalacións.

e) O apoio técnico á Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético e aos órganos de dirección dependentes dela, en materia de tecnoloxías industriais, enerxéticas e mineiras, co fin de deseñar as políticas nesta materia máis acaídas, sustentables e que poidan achegar maiores beneficios económicos e sociais na Comunidade Autónoma de Galicia.

f) A colaboración na avaliación técnica das solicitudes de axudas impulsadas pola Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético ou dos órganos de dirección que dela dependen, que lle sexa solicitada pola persoa titular da dita secretaría xeral. Esta avaliación poderá realizarse con medios propios ou a través de avaliadores externos designados pola Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, para o cal se articulará o instrumento xurídico adecuado, de acordo coa normativa vixente.

g) O seguimento e control co fin de verificar o cumprimento da finalidade das convocatorias de axudas a proxectos industriais, enerxéticos e mineiros, ou calquera outra convocatoria convocada pola Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético ou dos órganos de dirección que dela dependen, no marco das súas competencias.

h) A redacción dos proxectos, dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das obras que se lle encomenden.

i) A actuación como oficina de supervisión de proxectos coas funcións previstas na normativa de contratación pública.

j) A preparación dos pregos de prescricións técnicas no ámbito das súas competencias, así como a realización de informes técnicos de avaliación de ofertas, encargados pola persoa titular da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, nos procedementos de contratación.

k) O control e, de ser o caso, a inspección da execución das obras.

l) A realización de visitas de inspección e informes técnicos que se requiran para o desenvolvemento dos proxectos industriais, enerxéticos ou mineiros e, en xeral, para calquera dos procedementos administrativos tramitados no ámbito competencial da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético ou dos órganos de dirección que dela dependen.

m) Calquera outra función que lle sexa encomendada, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, así como as que lle puidesen ser encomendadas por outros centros directivos da Consellería.

TÍTULO III

Órganos territoriais

Artigo 40. Atribucións

1. Para o exercicio das súas competencias, a Consellería de Economía e Industria organízase nos departamentos territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que desenvolverán as súas funcións nas áreas competenciais da dita consellería no ámbito territorial da provincia correspondente, de conformidade coa normativa de aplicación, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación territorial no seu correspondente ámbito, de acordo co disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, e das atribucións de dirección e coordinación que este decreto de estrutura establece para cada un dos órganos superiores e de dirección da Consellería.

2. Á fronte dos departamentos territoriais estarán os directores e as directoras territoriais, das cales dependerán todos os servizos, unidades ou centros da Consellería que radiquen no ámbito territorial da súa competencia. As persoas titulares dos departamentos territoriais dependerán funcionalmente da persoa titular da Consellería, sen prexuízo das directrices que, na orde funcional, poidan emanar dos órganos superiores e de dirección da Consellería, e exercerán as seguintes funcións:

a) A dirección, o despacho e a resolución dos asuntos ordinarios.

b) A coordinación dos servizos e unidades que a integran.

c) A elaboración do anteproxecto de orzamentos do departamento territorial.

d) A xestión, administración e habilitación dos medios económicos e materiais do departamento territorial.

e) A tramitación e xestión dos expedientes de gasto, o control contable e a xustificación dos créditos asignados.

f) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e de subvencións que sexan competencia do departamento territorial.

g) A xefatura inmediata do persoal respecto de todos os órganos e servizos que integran o departamento, sen prexuízo das competencias que nesta materia lles correspondan ás persoas titulares das delegacións territoriais e aos correspondentes órganos da Consellería.

h) A resolución dos recursos administrativos que correspondan.

i) A imposición das sancións que, de acordo coas disposicións vixentes en materia sancionadora, lles correspondan.

j) A tramitación e resolución das reclamacións administrativas que correspondan.

k) A tramitación dos expedientes expropiatorios.

l) A tramitación das solicitudes de acceso á información pública respecto de expedientes cuxa instrución e resolución corresponda á dirección territorial, en canto que órganos periféricos competentes no ámbito funcional da Consellería.

m) A resolución dos procedementos cuxa instrución e proposta lles corresponda aos servizos periféricos e que non estea atribuída expresamente a outro órgano superior ou de dirección da Consellería.

n) A supervisión, o seguimento e o control do cumprimento por parte das unidades administrativas periféricas das directrices que emanen, segundo a área funcional e competencial, dos correspondentes órganos superiores e de dirección da Consellería.

o) Dirixir a xestión de cantos asuntos en materia das competencias da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético asegurando o cumprimento dos obxectivos no seu ámbito territorial.

p) Xestionar, en coordinación coa Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, as actuacións en materia de solo empresarial.

q) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados ou delegados de acordo con estas funcións.

3. Nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade, así como de abstención ou recusación declarada, as persoas titulares dos departamentos territoriais serán substituídas polas persoas titulares das xefaturas de servizo, seguindo a orde de prelación establecida no número 1 do artigo 41.

Artigo 41. Estrutura

1. Para o exercicio das súas funcións, os departamentos territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra contarán coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Industria.

b) Servizo de Enerxía e Minas.

2. As xefaturas de servizo dependerán funcionalmente dos órganos superiores e de dirección da Consellería de Economía e Industria dentro do ámbito das atribucións que correspondan a cada centro directivo, sen prexuízo da coordinación xeral que exerza a persoa titular da dirección territorial, así como das funcións que a esta lle corresponden segundo o artigo 40, nomeadamente en materia de xefatura inmediata do persoal, resolución de procedementos e supervisión, seguimento e control do cumprimento de directrices dos órganos superiores e de dirección.

A Secretaría Xeral Técnica poderá ditar instrucións sobre as materias de ámbito horizontal da Consellería, para a debida coordinación dos distintos servizos dos departamentos e un adecuado seguimento na execución orzamentaria, sen prexuízo das funcións que neste ámbito lles poidan corresponder ás persoas titulares das delegacións territoriais.

Artigo 42. Servizo de Industria

O Servizo de Industria exercerá as seguintes funcións:

a) A execución do plan de inspección en materia de seguridade industrial anual.

b) A inspección de instalacións e actividades sometidas a regulamentos de seguridade industrial.

c) A xestión dos rexistros de instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial, incluído o Rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos de Galicia.

d) A xestión dos rexistros de actividades sometidas a regulamentos de seguridade industrial.

e) A emisión de informes preceptivos ou facultativos que lle sexan requiridos.

f) A vixilancia de mercado.

g) A capacitación profesional das persoas e das empresas instaladoras.

h) As restantes funcións que lle poidan ser asignadas.

Artigo 43. Servizo de Enerxía e Minas

O Servizo de Enerxía e Minas exercerá as seguintes funcións:

a) A instrución dos procedementos de autorización de instalacións de produción, transporte e distribución de enerxía eléctrica e gas, así como a autorización daquelas que sexan competencia da Consellería no seu ámbito territorial.

b) As autorizacións de explotación das instalacións de produción, transporte e distribución de enerxía eléctrica e de gas, así como a inspección e supervisión do cumprimento das condicións técnicas e legais destas instalacións e a coordinación do seu funcionamento no seu ámbito territorial.

c) A xestión do rexistro de liñas eléctricas de distribución de baixa tensión.

d) A emisión de informes preceptivos ou facultativos que lle sexan requeridos.

e) A inspección mineira e a xestión do dominio público mineiro no seu ámbito territorial. En particular, corresponderanlle a instrución dos procedementos e a elaboración da proposta de resolución de outorgamento dos dereitos mineiros, autorización das súas modificacións, transmisións, renovacións ou prórrogas, declaración da caducidade e autorización de plans de restauración.

f) As restantes funcións que lle poidan ser asignadas.

Artigo 44. Servizo do Departamento Territorial de Pontevedra con sede en Vigo

A Consellería de Economía e Industria contará, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, co Servizo de Coordinación Industrial, que exercerá funcións en todo o ámbito provincial baixo a dependencia orgánica do Departamento Territorial de Pontevedra.

Disposición adicional primeira. Suplencia das persoas titulares de determinados órganos

1. En caso de vacante, ausencia ou enfermidade, así como de abstención ou recusación declarada da persoa titular da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, as competencias atribuídas por este decreto aos correspondentes órganos serán exercidas, temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias, polas súas direccións xerais dependentes atendendo á orde de prelación destas.

2. En caso de vacante ausencia ou enfermidade, así como de abstención ou recusación declarada das persoas titulares das direccións xerais dependentes da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, as competencias atribuídas a estas serán exercidas, temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias, pola persoa titular da referida secretaría xeral.

3. En caso de vacante, ausencia ou enfermidade, así como de abstención ou recusación declarada, de xeito simultáneo, de todos os anteriores, as competencias atribuídas por este decreto aos correspondentes órganos serán exercidas, temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

Disposición adicional segunda. Referencias normativas a outros órganos

As referencias que a normativa vixente realiza aos órganos correspondentes nas materias recollidas no artigo 1 deste decreto entenderanse efectuadas aos correspondentes órganos da Consellería de Economía e Industria.

Disposición adicional terceira. Integración da dimensión de igualdade de oportunidades entre as mulleres e os homes

No exercicio das funcións a que se refire este decreto integrarase de maneira activa a dimensión0 de igualdade de oportunidades entre as mulleres e os homes.

Disposición adicional cuarta. Presenza equilibrada de mulleres e homes

Nos nomeamentos de altos cargos da Consellería, así como das persoas titulares e membros de órganos de entidades integrantes do sector público autonómico no seu ámbito de competencias, atenderase ao principio de presenza equilibrada entre mulleres e homes.

Disposición adicional quinta. Habilitación de créditos

A Consellería de Facenda e Administración Pública realizará as modificacións e habilitacións orzamentarias precisas para o cumprimento do previsto neste decreto, de conformidade co establecido na disposición derradeira segunda do Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

Disposición adicional sexta. Mantemento da antigüidade no posto de traballo

As persoas que estean a desempeñar os postos de traballo cuxa denominación ou adscrición varíe como consecuencia deste decreto, manterán a antigüidade do posto de traballo de orixe sempre que se conserve o seu contido funcional.

Disposición adicional sétima. Persoal laboral da Axencia Galega de Innovación

1. O persoal laboral da Axencia Galega de Innovación que preste servizos para a Área de Coordinación do Polo Aeroespacial de Rozas e que se identifique nos acordos de traspaso a que se refire o punto 4 deste artigo, adscribirase á Consellería de Economía e Industria como persoal laboral desde a data da efectividade do traspaso, e subrogarase nos dereitos e nas obrigas laborais e da Seguridade Social da axencia, de acordo co establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

2. O persoal laboral da Axencia Galega de Innovación que preste servizos no Departamento de Xestión de Axudas e no Departamento de Servizos e Observatorio da Innovación e con funcións ou tarefas relacionadas coas actividades de innovación empresarial que correspondan ao Igape, e que se identifique nos acordos de traspaso a que se refire o punto 4 deste artigo, adscribirase a este como persoal laboral, desde a data da efectividade do traspaso, e subrogarase ao Igape nos dereitos e nas obrigas laborais e da Seguridade Social da axencia, de acordo co establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

3. Os procesos de estabilización que afecten a algunha praza incluída nas unidades produtivas identificadas nas epígrafes precedentes, que se atopen en tramitación na Axencia Galega de Innovación continuarán a súa tramitación nesta axencia ata o momento inmediatamente anterior á súa resolución. A resolución do proceso de estabilización adoptaraa o órgano que sexa competente, segundo se trate do persoal recollido no punto 1 e no punto 2 desta disposición, de acordo co previsto na Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, e no resto da normativa aplicable.

4. A identificación concreta do persoal que se adscriba á consellería ou ao Igape realizarase en virtude dos acordos de traspaso entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería de Economía e Industria

5. O persoal das unidades mencionadas nos puntos 1 e 2 desta disposición que se traspase á Consellería de Economía e Industria e ao Igape adscribirase ao órgano que corresponda en cada caso por resolución do órgano competente da Consellería ou do Igape, segundo proceda.

Disposición adicional oitava. Colaboración no ámbito do Cesga

A Consellería de Economía e Industria participará no deseño das actuacións do Cesga, para os efectos de promover a atención ás necesidades de procesamento e almacenamento de datos do ámbito empresarial. Para este fin, poderán empregarse os instrumentos establecidos no artigo 12 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

Disposición adicional novena. Comisión de Coordinación da Industria e dos Recursos Forestais

1. Créase a Comisión de Coordinación da Industria e dos Recursos Forestais co fin de garantir a axeitada coordinación entre ambos os dous eidos de actuación. A comisión estará presidida pola persoa titular da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético e como vogalías actuarán persoas titulares da Axencia Galega da Industria Forestal e da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, que poden estar asistidas polas persoas técnicas e expertas que teñan por conveniente.

2. A comisión terá a natureza establecida no artigo 12 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

Disposición adicional décima. Adscrición da Axencia Galega da Industria Forestal e do Centro de Investigación Forestal de Lourizán

1. A Axencia Galega da Industria Forestal queda adscrita á Consellería de Economía e Industria, de conformidade co establecido na disposición adicional sexta do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

2. A Axencia Galega da Industria Forestal asumirá o control, a xestión e a administración do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

3. Adscríbense á Axencia Galega da Industria Forestal os centros de traballo onde desenvolve as súas actividades o Centro de Investigación Forestal de Lourizán e os bens que se encontren, por calquera título, afectos ao desenvolvemento das súas funcións, sen necesidade de declaración expresa.

4. O persoal funcionario de carreira e o persoal laboral do Centro de Investigación Forestal de Lourizán que ocupe postos de traballo que se adscriben á Axencia Galega da Industria Forestal pasará a desempeñar as súas funcións nesa axencia, co mesmo réxime e nas mesmas condicións que tiñan cando ocupaban o seu posto na Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e subrogaranse á Axencia Galega da Industria Forestal nos dereitos e nas obrigas laborais e da Seguridade Social da axencia, de acordo co establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Este persoal integrarase orgánica e funcionalmente na organización do traballo da Axencia Galega da Industria Forestal e dependendo dos órganos da súa estrutura.

Disposición transitoria primeira. Adscrición do persoal ás novas unidades

Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido funcional das subdireccións xerais ou servizos existentes, autorízase a persoa titular da Consellería de Economía e Industria, por proposta da Secretaría Xeral Técnica da Consellería, para adscribir o persoal funcionario que ocupaba o posto existente ao posto equivalente que figura neste decreto.

No caso de supresión ou amortización das subdireccións xerais ou xefaturas de servizo, será de aplicación o establecido na normativa vixente en materia de función pública.

Disposición transitoria segunda. Organización respecto de postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo en subdireccións xerais ou servizos suprimidos ou amortizados

As unidades e os postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo, correspondentes ás subdireccións xerais ou aos servizos suprimidos ou amortizados como consecuencia deste decreto, continuarán subsistentes e retribuiranse con cargo aos mesmos créditos orzamentarios ata que se aprobe a nova relación de postos de traballo adaptada á estrutura orgánica establecida neste decreto. As unidades e os postos de traballo encadrados nos órganos suprimidos adscribiranse provisionalmente, mediante resolución da persoa titular da Consellería, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, aos órganos establecidos neste decreto, en función das atribucións que teñen asignadas.

Disposición transitoria terceira. Expedientes en tramitación

Os expedientes relativos a materias que sexan competencia da Consellería de Economía e Industria, iniciados pola Axencia Galega de Innovación con anterioridade á entrada en vigor deste decreto e non resoltos na devandita data, serán resoltos polo órgano competente da Consellería ou dos seus entes dependentes, de acordo coa atribución do exercicio de competencias correspondente.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

1. Queda derrogado o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio.

2. Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Modificación do Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos

O Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos, queda modificado como segue:

Un. Modifícanse as letras c) e e) do artigo 2.2 dos estatutos, que quedan redactadas do seguinte xeito:

«c) Ser o centro de servizos a que acuda o sector da industria forestal, madeireira e non madeireira, para analizar e implantar medidas que contribúan ao seu desenvolvemento.

e) Propoñer aquelas actuacións que sitúen a madeira e outros recursos renovables dos bosques no centro das políticas públicas en materia de descarbonización, bioeconomía rural e circularidade da Xunta de Galicia».

Dous. Modifícanse as letras a), b), c), f) e n) do artigo 8.1 dos estatutos, que quedan redactadas do seguinte xeito:

«a) Elaborar e propoñerlle á consellería competente en materia de economía plans e programas en materia de investigación, innovación e transferencia para o mellor aproveitamento dos recursos do monte destinados á industria forestal.

b) Promover e, se é o caso, executar os plans e programas indicados, aprobados pola consellería competente en materia de economía, particularmente, un documento estratéxico para a industria forestal.

c) Impulsar un coñecemento acaído do monte e sector forestal, mediante proxectos de información, inventariado e coñecemento que permitan dispor dos datos necesarios que axuden as diferentes asociacións, organizacións e entidades públicas e privadas do sector forestal galego na toma de decisións.

f) Favorecer os diferentes recursos e servizos dos ecosistemas forestais, incluídos aqueles relacionados cos mercados de carbono en Galicia.

n) Impulsar e promover marcas colectivas que faciliten a integración das diversas actividades produtivas da industria forestal: materia prima, deseño, industrialización e comercialización».

Tres. Modifícase a letra d) do artigo 14 dos estatutos, que queda redactada do seguinte xeito:

«d) A aprobación das disposicións, plans, programas e documentos estratéxicos en materia de industria forestal».

Catro. Créase unha letra d) no artigo 19 dos estatutos, que queda redactada do seguinte xeito:

«d) Área de Información Forestal».

Cinco. Modifícase o artigo 21 do estatutos, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 21. Área de Innovación Forestal

A esta área correspóndelle o impulso e establecemento de mecanismos de colaboración con centros de investigación públicos nas diferentes materias que o sector da industria forestal traslade á Administración por consideralos do seu interese. Exercerá as seguintes funcións:

a) O impulso á investigación e a coordinación e a cooperación dos distintos centros de investigación e innovación tecnolóxica vinculados ou adscritos á axencia.

b) A coordinación da transferencia de coñecemento e tecnoloxía nos diferentes proxectos da investigación forestal entre os diferentes axentes vinculados á industria forestal (administracións, universidades, asociacións, fundacións e empresas e plataformas forestais).

c) Accións específicas en materia de impulso no aproveitamento sustentable, activo e resiliente, e posterior valorización dos recursos forestais e de produtos baseados na madeira, en particular na procura de novos usos que outorguen un maior valor engadido. Así como daqueles proxectos que poñan de relevo a circularidade, en especial aqueles que afonden no principio de uso en cadoiro da madeira, e daqueles que afonden na bioeconomía.

d) A prestación de asistencia e asesoramento a entidades e empresas do sector forestal e baseadas na madeira para o desenvolvemento de proxectos innovadores.

e) O desenvolvemento de programas de apoio á diversificación da actividade económica forestal no medio rural.

f) O impulso á internacionalización do sector forestal de Galicia, así como na participación en proxectos internacionais, como eixe clave na mellora da comercialización e diversificación dos produtos forestais.

g) Calquera outra función que se lle encomende no ámbito da súa competencia”.

Seis. Modifícase o artigo 22 dos estatutos, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 22. Área de Promoción e Calidade Forestal

A esta área correspóndelle o fomento das accións de mellora na xestión e promoción da calidade nas empresas do sector forestal. Exercerá as seguintes funcións:

a) O fomento das tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, así como aquelas dirixidas á valorización e a segunda transformación das empresas do sector forestal e daquelas baseadas na madeira.

b) A promoción na certificación da calidade con distintivos de marca dos produtos derivados da industria forestal e daqueles baseados na madeira.

c) Accións de colaboración que teñan coma obxecto xerar puntos de encontro e coñecemento entre empresas fabricantes, instaladoras e persoas deseñadoras, prescritoras e expertas para o fomento dos recursos e servizos forestais e daqueles produtos baseados na madeira.

d) A promoción da madeira, en particular, o seu uso na construción, mobiliario, fibra téxtil ou con fins enerxéticos, así como doutros produtos do monte. Dende a confección de estratexias até a execución das súas liñas de acción.

e) Incentivar a mellora da formación e a cualificación do persoal empregado no sector forestal favorecendo a capacitación profesional e contribuíndo á mellora da produtividade e competitividade das empresas do sector forestal.

f) Calquera outra función que se lle encomende no ámbito da súa competencia».

Sete. Engádese un novo artigo 22 bis nos estatutos, co seguinte contido:

«Artigo 22 bis. Área de Información Forestal

A esta área correspóndelle o fomento das accións para a creación e mellora de sistemas de información e estatística da cadea monte-industria de Galicia, como mecanismos que permitan facer diagnoses adecuadas e ser unha ferramenta esencial para a toma de decisións de políticas públicas ou empresariais relacionadas co sector industrial da madeira. Exercerá as seguintes funcións:

a) O fomento de procedementos de rastrexabilidade e dilixencia debida da orixe dos produtos do monte que se vaian transformar.

b) A cadea de custodia dos diferentes sistemas de certificación forestal.

c) O desenvolvemento e a mellora, en colaboración con outros departamentos da Administración autonómica, para o inventario dos recursos dispoñibles para a subministración industrial. De igual xeito, promoverase a base de información que sustente un sistema de créditos de carbono promovido pola Xunta de Galicia.

d) A creación e o mantemento dos sistemas de información e estatística cadea monte-industria, asegurando una necesaria interoperabilidade que facilite a análise da información da actividade de transformación da materia prima. Neste senso, tentaranse incorporar actuacións na planificación estatística da Comunidade Autónoma para estudar a caracterización económica e sociodemográfica do monte galego que permitan describir as explotacións forestais, as súas persoas titulares e a cadea forestal da madeira e doutros recursos forestais, en coordinación con outros departamentos da Administración autonómica.

e) A preservación documental e gráfica da industria forestal de Galicia, xa sexa a través de arquivos físicos e dixitais.

f) Calquera outra función que se lle encomende no ámbito da súa competencia”.

Oito. Engádese unha disposición adicional terceira bis ao Decreto 81/2017, do 3 de agosto, que que queda redactada do seguinte xeito:

«Disposición adicional terceira bis. Centro de Investigación Forestal de Lourizán

1. O Centro de Investigación Forestal de Lourizán queda adscrito orgánica e funcionalmente á Axencia Galega da Industria Forestal, e intégrase na Área de Innovación Forestal, que asumirá as funcións e competencias daquel e subrogarase en todas as relacións xurídicas, bens, dereitos e obrigas derivadas do exercicio das ditas competencias.

2. O Centro de Investigación Forestal de Lourizán exerce todas as funcións que lle sexan encomendadas en materia de investigación, innovación e transferencia forestal, e en particular as seguintes:

a) A conservación, mellora e selección dos recursos xenéticos forestais.

b) A mellora da produtividade e multifuncionalidade dos espazos forestais.

c) O incremento da calidade dos bens, servizos e produtos forestais.

d) A promoción da sustentabilidade dos ecosistemas forestais fronte ás perturbacións na xestión dos recursos forestais».

Disposición derradeira segunda. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Autorízase a persoa titular da Consellería de Economía e Industria para ditar as disposicións necesarias para a execución e o desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de maio de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria