DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 27 de maio de 2024 Páx. 32381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 24 de abril de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150046123 e dous máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas solicitantes sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanse os requirimentos de emenda das solicitudes ditados nos procedementos competencia desta dirección territorial ás persoas citadas nos anexos, emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Dirección Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do acto. Transcorrido o prazo, de non facelo, terase por efectuada a notificación ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de non efectuar a emenda no prazo de 10 días hábiles establecido nos requirimentos contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teráselles por desistido das súas solicitudes, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 24 de abril de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150046123

X9123475L

Requirimento de emenda da solicitude

2.11.2023

150010524

15255136H

Requirimento de emenda da solicitude

18.3.2024

ANEXO II

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150099423

32305750L

Requirimento de emenda da solicitude

23.11.2023