DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 27 de maio de 2024 Páx. 32379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ACORDO do 14 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade ao inicio de dous expedientes de reintegro de axudas ao estudo, convocadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos da Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo.

Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas identificadas no anexo do presente acordo, en aplicación do disposto nos artigos 20 a 23, da convocatoria do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes das axudas para este curso.

Segundo. Poñer ao dispor das persoas interesadas os expedientes para que, conforme o previsto no artigo 82 da citada Lei 39/2015, no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que consideren pertinentes ante esta dirección territorial, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo (982 29 49 57-982 29 41 88/89), por algún dos sistemas de rexistro previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ditará, de ser o caso, a resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de mora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Con todo, no caso de que as persoas interesadas estean conformes coa obriga do reintegro, poderá facelo efectivo en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e darase así por concluído o expediente.

Lugo, 14 de maio de 2024

Sagrario Sánchez Ramil
Directora territorial de Lugo

ANEXO I

Convocatoria de axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo

Interesado/a:

NIF: 33322856L.

Importe: 283,00 € máis os xuros de mora correspondentes.

Curso: 2022/23.

Causa: 7.26 non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a que se lle concedeu.

Interesado/a:

NIF: 34269948V.

Importe: 535,00 € máis os xuros de mora correspondentes.

Curso: 2022/23.

Causa: 7.26 non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a que se lle concedeu.