DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 27 de maio de 2024 Páx. 32264

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático durante o primeiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, procédese á corrección de erros da Resolución do 17 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o terceiro cuadrimestre do ano 2023 (DOG núm. 19, do 26 de xaneiro), de xeito que se elimina da citada lista o Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) para a realización de actuacións na Rede galega de reservas de biosfera.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería
de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANEXO I

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2024

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a asociación Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños-Cemma, para a asistencia, recuperación e estudo dos réptiles (tartarugas) e mamíferos mariños varados no litoral da Comunidade Autónoma de Galicia

É obxecto deste convenio establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a asociación Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños-Cemma para asistencia veterinaria e recuperación dos réptiles, en especial das tartarugas mariñas, e mamíferos mariños varados nos espazos naturais protexidos pertencentes á Rede Natura 2000 de Galicia, así como para a recompilación da información resultante das varadas rexistradas nas costas galegas

16 de xaneiro de 2024

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Caza, para a realización de actividades de divulgación, mellora da información e fomento da actividade cinexética na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Federación Galega de Caza para o fomento da actividade cinexética sustentable no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a través da organización de actividades para a promoción, mellora da información e divulgación nesta materia

24 de xaneiro de 2024

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) para a realización de actuacións na Rede galega de reservas de biosfera

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o CEIDA para a realización de actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formativas e de comunicación así como de educación ambiental e de asesoramento e documentación da Rede galega de reservas da biosfera, que se detallan no anexo a este convenio

24 de xaneiro de 2024

90.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a comunidade do monte veciñal en man común Granda Abilleira e Salgueiros, para a conservación da poboación reprodutora de mazarico real en Galicia

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a comunidade do monte veciñal en man común Granda Abilleira e Salgueiros do uso da superficie de 9,3 ha da parcela con referencia catastral 27010A204000460000PZ e os labores de mantemento para realizar nela e que estarán encamiñadas á conservación e mantemento dun axeitada calidade estrutural do hábitat de nidificación (landa e matogueira de baixo porte <30 cm con ausencia de estrato arbóreo) da poboación nidificante de mazarico real

24 de xaneiro de 2024

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Administración Xeral da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) para o desenvolvemento da campaña bandeira azul 2024 en Galicia

O desenvolvemento da campaña Bandeira azul 2024 en Galicia

30 de xaneiro de 2024

57.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Pesca e Cásting, para a realización de actividades a favor dos ecosistemas acuáticos e a riqueza piscícola en Galicia para o ano 2024

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Federación Galega de Pesca e Cásting a través da organización e celebración de competicións deportivas oficiais de pesca continental, actuacións de formación e a posta en marcha de «escolas de río» da nova Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia, na Comunidade Autónoma de Galicia

13 de marzo de 2024

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a asociación para a promoción territorial Montañas do Courel para realizar accións de educación e sensibilización ambiental, e de promoción do turismo de natureza no territorio do xeoparque Montañas do Courel

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a asociación para a promoción territorial Montañas do Courel, para realizar actividades orientadas á educación e sensibilización ambiental co fin de contribuír á concienciación ambiental e a un mellor coñecemento da Rede natura 2000 no territorio que ocupa o xeoparque mundial da UNESCO Montañas do Courel, a zona de especial conservación (ZEC) e zona de especial protección (ZEPA), favorecendo a implicación social na conservación destas zonas

19 de marzo de 2024

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas e Xordo-Cegas de Galicia, para promover a accesibilidade e a participación das persoas xordas e xordo-cegas nas accións de difusión e comunicación realizadas pola consellería nos espazos naturais de Galicia

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas e Xordo-Cegas co fin de fomentar a accesibilidade das persoas xordas e xordo-cegas ás accións de difusión, sensibilización e promoción da sustentabilidade do medio ambiente desenvolvidas pola consellería no seu ámbito de actuación, especialmente as relativas aos espazos naturais protexidos da Comunidade Autónoma Galega, impulsando medidas que promovan a igualdade de oportunidades e a non discriminación, así como contar coa participación e o servizo especializado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas e Xordo-Cegas nas accións de comunicación, difusión e similares que realice a consellería, mediante o servizo de intérprete de Lingua de Signos Española e Guías-Intérpretes para persoas xordo-cegas

19 de marzo de 2024

10.000,00 €