DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 24 de maio de 2024 Páx. 31369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de modificación dos estatutos da Federación de Autónomos de Galicia, Feaga.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que se inscribiu o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos da Federación de Autónomos de Galicia, Feaga, acordada pola Asemblea xeral do 25 de abril de 2024, na oficina central do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais