En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que se inscribiu o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Galicia, Aceaga, acordada pola Asemblea xeral do 22 de abril de 2024, na oficina central do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais