DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31067

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o
primeiro cuadrimestre do ano 2024

Convenios

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cerdedo-Cotobade para a execución da actuación de ampliación da rede de saneamento na Torrevella. Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cerdedo-Cotobade que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na ampliación da rede de saneamento na Torrevella. Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

377.411,35 €

8.1.2024

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para a execución da actuación de mellora das infraestruturas de saneamento no concello de Salvaterra de Miño. Nova EDAR do Mendo. Salvaterra de Miño (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora das infraestruturas de saneamento no concello de Salvaterra de Miño. Nova EDAR do Mendo. Salvaterra de Miño (Pontevedra), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

2.000.000,00 €

9.1.2024

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ponteareas para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a actuación de rede de saneamento nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido. Parroquia de Ribadetea. Fase I. Ponteareas (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ponteareas que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na rede de saneamento nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido. Parroquia de Ribadetea. Fase I. Ponteareas (Pontevedra), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

1.669.746,68 €

10.1.2024

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Triacastela para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a actuación de ampliación e mellora da EDAR de Triacastela. Triacastela (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Triacastela que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na ampliación e mellora da EDAR de Triacastela. Triacastela (Lugo), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

566.162,71 €

12.1.2024

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Asociación das traídas de augas para o impulso da transformación dixital das comunidades e para a formación dos seus usuarios, mediante tramitación anticipada de gasto.

Establecer as condicións que rexerán a cooperación entre Augas de Galicia e a Asociación das traídas de auga para a realización de actividades de transformación dixital das comunidades de usuarios, para a formación dos seus membros e para a realización de actividades divulgativas en materia da auga.

23.332,00 €

26.1.2024

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cariño para a execución da obra de reparación de filtros na estación de tratamento de auga potable do Castro. Cariño (A Coruña).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cariño que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a obra de reparación de filtros na estación de tratamento de auga potable do Castro. Cariño (A Coruña).

120.273,23 €

16.2.2024

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Mos para a execución da obra de saneamento no contorno da estrada N-550. Tramo 1. Mos (Pontevedra).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Mos que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a obra de saneamento na estrada N-550. Tramo 1. Parroquia de Louredo. Mos (Pontevedra).

22.648,32 €

14.3.2024

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Universidade de Vigo para colaborar e compartir o coñecemento no marco do proxecto AugaTech, o cal está suxeito á obtención de financiamento da liña de fomento da innovación desde a demanda (FID), do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Establecer as bases da colaboración das partes asinantes en todas aquelas actividades que promovan no desenvolvemento do coñecemento e as capacidades necesarias para o desempeño profesional relacionados co proxecto AugaTech, que se poidan materializar en proxectos e/ou actividades relacionados coa docencia e investigación, así como calquera área que consideren de interese mutuo, sempre acordes co respectivo obxecto social e finalidades institucionais.

Sen custo económico

14.3.2024

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña para colaborar e compartir o coñecemento no marco do proxecto AugaTech, o cal está suxeito á obtención de financiamenton da liña de fomento da innovación desde a demanda (FID), do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Establecer as bases da colaboración das partes asinantes en todas aquelas actividades que promovan no desenvolvemento do coñecemento e as capacidades necesarias para o desempeño profesional relacionados co proxecto AugaTech, que se poidan materializar en proxectos e/ou actividades relacionados coa docencia e investigación, así como calquera área que consideren de interese mutuo, sempre acordes co respectivo obxecto social e finalidades institucionais.

Sen custo económico

15.3.2024

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ares para a execución das actuacións extraordinarias para garantir o saneamento no concello de Ares (A Coruña).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ares que permitan ao Concello asumir as obrigas económicas que derivan da execución de actuacións extraordinarias para garantir o saneamento no concello de Ares.

1.150.000,00 €

9.4.2024

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a entidade pública empresarial Portos de Galicia e o Concello de Foz en relación coas actuacións no dominio público portuario para a execución e mantemento das obras do anteproxecto de colectores xerais e nova EDAR de Foz. Foz (Lugo). OH.327.661

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia, Portos de Galicia e o Concello de Foz, para determinar as condicións en que Portos de Galicia autoriza a execución das obras que se definen no anteproxecto de colectores xerais e nova EDAR de Foz. Foz (Lugo). OH.327.661, na parte que se desenvolve no dominio público portuario (no porto de Foz) e pon á disposición sen cambio de titularidade ou cualificación xurídica dos bens e terreos portuarios, libres de cargas, os terreos que resulten necesarios para a execución das citadas obras na zona do porto de Foz.

Sen custo económico

11.4.2024