DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31166

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas de varios procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes pertencentes ao cadro de persoal funcionario.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 278, do 4 de decembro de 2023, publicáronse as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios/as e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda libre, así como ás prazas reservadas a promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 86, do 13 de abril de 2024, publicáronse a convocatoria e as bases específicas que rexerán os procesos selectivos para a cobertura das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo:

– 12 prazas de auxiliar administrativo/a, encadradas na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, subgrupo C2, 10 en quenda de acceso libre e 2 en quenda de acceso libre reservadas a persoas con discapacidade.

– 2 prazas de auxiliar administrativo/a, encadradas na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, subgrupo C2, quenda de acceso libre reservadas a persoas con discapacidade intelectual.

– 2 prazas de oficial lector/a, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, subgrupo C2, quenda de acceso libre.

– 1 praza de oficial pintor/a de vías e obras, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, subgrupo C2, quenda de acceso libre.

– 1 praza de operario/a en vías e obras, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, grupo AP (agrupacións profesionais), quenda de acceso libre.

– 2 prazas de técnico/a de educación infantil, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo B, quenda de acceso libre.

– 1 praza de analista programador/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A2, quenda de acceso libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 88, do 16 de abril de 2024, publicáronse a convocatoria e as bases específicas que rexerán os procesos selectivos para a cobertura das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo:

– 2 prazas de animador/a sociocultural, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A2, quenda de acceso libre.

– 1 praza de oficial cociñeiro/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, subgrupo C2, quenda de acceso libre.

– 1 praza de oficial vixilante recadador/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, subgrupo C2, quenda de acceso libre.

– 1 praza de operario/a de cemiterio, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo AP (agrupacións profesionais), quenda de acceso libre.

– 1 praza de psicólogo/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A1, quenda de acceso libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 23 de abril de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 464/2024, do 19.1.2024)
Ángel Pablo Permuy Villanueva
Tenente de alcaldesa delegado da Área de Xestión Integral de Recursos Internos