DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31168

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para a cobertura de dúas prazas de auxiliar administrativo/a pertencentes ao cadro de persoal funcionario, en quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, publicáronse integramente as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna.

Igualmente, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 39, do 15 de febreiro de 2019 publicouse unha modificación das ditas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 086, de 13 de abril de 2024, publicáronse a convocatoria e as bases específicas que rexerán os procesos selectivos para a cobertura das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo:

– 2 prazas de auxiliar administrativo/a, encadradas na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, subgrupo C2, quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 23 de abril de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 464/2024, do 19.1.2024)
Ángel Pablo Permuy Villanueva
Tenente de alcaldesa delegado da Área de
Xestión Integral de Recursos Internos