DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31163

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para 1 TAX de contratación e persoal (A2) da oferta de emprego público de 2023.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 77, do 19 de abril de 2024, publícanse as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía número 598/2024, do 10 de abril de 2024, relativas á seguinte convocatoria:

1 praza de TAX de contratación e persoal, grupo A, subgrupo A2, pertencente á escala da Administración xeral, subescala técnica; mediante o sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE.

Betanzos, 29 de abril de 2024

María Barral Varela
Alcaldesa