DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 13 de maio de 2024, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 36S001/237/2023.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Xefatura Territorial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A comparecencia deberá efectuarse, con cita previa, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Unidade de Consumo de Vigo, con enderezo na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 13 de maio de 2024

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36S001/237/2023.

Interesada: Autoventa.com Montcada, S.L.

CIF/NIF: B66030669.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.