DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, polo que se notifica a varios interesados a declaración de utilidade pública, en concreto, da LAT 132 kV DC SE Ludrio-SE San Cibrao e modificación da entrada na SE Ludrio da LAT 132 kV SC SE Ludrio-SE Meira (expediente 2019/25 AT).

O 9.4.2024 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (actualmente, Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas) ditou resolución pola que se ordenou a publicación, no Diario Oficial de Galicia (DOG), do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de abril de 2024 polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros e aproveitamentos forestais, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á LAT 132 kV DC SE Ludrio-SE San Cibrao e modificación da entrada na SE Ludrio da LAT 132 kV SC SE Ludrio-SE Meira, nos concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo (Lugo), e que promove Begasa (expediente 2019/25 AT). A dita resolución publicouse no DOG nº 82, do 25.4.2024.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse ás persoas interesadas que figuran no anexo deste anuncio, para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas

ANEXO

Acordo: declaración de utilidade pública, en concreto, da LAT 132 kV DC SE Ludrio-SE San Cibrao e modificación da entrada na SE Ludrio da LAT 132 kV SC SE Ludrio-SE Meira, nos concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo (Lugo).

Propietario/a

Datos do predio afectado

Polígono

Parcela

Concello

Descoñecido/a

7

13

71

Castro de Rei

Luis Casar Soto (en representación de Transcalopa, S.L.)

82

24

173

Castro de Rei

José Domínguez López

106

503

103

Lugo

Clementina Pérez Mouriz

146

427

276

Lugo

Herdeiros de José Permuy Fernández

154

427

313

Lugo