DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Plastic Omnium Equipamientos Exteriores, S.A.U. (A96649496) para a súa planta de fabricación de compoñentes de plástico para o automóbil, concello de Redondela (Pontevedra) (expediente 2023-IPPC-M-89).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación presentada polo titular, para que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

As alegacións, suxestións ou observacións, dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2023-IPPC-M-89.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2006/0391_NAA/IPPC_047.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 10.1 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Plastic Omnium Equipamientos Exteriores, S.A.U. (A96649496).

Dirección da instalación: parroquia de Cedeira, no concello de Redondela.

Actividade principal: fabricación de compoñentes do automóbil con materiais derivados do plástico.

Verteduras: as augas residuais sanitarias e pluviais de escorrenta diríxense á rede de saneamento municipal. As augas residuais industriais son canalizadas a unha estación depuradora e posteriormente reutilizadas na súa totalidade no proceso industrial, sen que se prevexa a súa derivación á rede de sumidoiros municipal baixo ningunha circunstancia.