DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 22 de maio de 2024 Páx. 30962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza de auxiliar de bibliotecas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 75, do 17 de abril de 2024, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal laboral fixo, unha praza de auxiliar de bibliotecas, con nivel de titulación de grao na ESO ou equivalente, vacante no cadro de persoal do Concello. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da dita publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 25 de abril de 2024.

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 2023003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal