DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 22 de maio de 2024 Páx. 30971

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Santradán - Ubeira

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

A que subscribe, María Consuelo Barros Casal, con DNI ***0411**, actuando como presidenta da Comunidade de Usuarios de Santradán-Ubeira, por este anuncio convoco o vindeiro día 2 de junio de 2024, no campo de fútbol de Santo Adrán (Vilaboa), ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda, á asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Lectura da acta anterior.

2. Aprobación das contas do exercicio 2023.

3. Altas, baixas e cambios de titularidade.

4. Facultar a Xunta Directiva para solicitar subvencións e axudas en nome da comunidade.

5. Rogos e preguntas.

Vilaboa, 25 de abril de 2024

María Consuelo Barros Casal
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Santradán-Ubeira