DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30594

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de parcelas.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia catastral da respectiva parcela en situación de risco de incendio, por resultar descoñecido o lugar de notificación, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais. Advírtese expresamente da execución subsidiaria por parte do concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición do/da interesado/a no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela

Interesado/a

Referencia catastral

Xestiona 1626/2023 URB/38/2023

Polígono 04, parcela 828

36172396C

36036A004008280000QF

Xestiona 1626/2023 URB/38/2023

Polígono 04, parcela 827

B36987535

36036A004008270000QT

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 24 de abril de 2024

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa