DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30593

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Iniciados os expedientes relativos ao incumprimento das obligas previstas no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ao non ser posible efectuar a notificación da forma habitual aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación, e segundo o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, requírense os propietarios das parcelas para que executen os traballos de limpeza da maleza existente nelas, así como a retirada de especies arbóreas prohibidas, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

Polo exposto, publícase este anuncio para que sirva de notificación ás persoas interesadas, e para este fin, comunícaselles que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición na praza da Constitución, 1.

Igualmente, poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade a través de https://aestrada.sedelectronica.gal ou a través do punto de acceso xeral https://sede.administracion.gob.es/carpeta/clave.htm

Expediente

Referencia catastral

Titular

5052/2022

000100500NH53A0001TD

36017M525000840000FB

35360430T

2749/2020

36017L508010840000BZ

76850179A

5990/2022

36017N507009050000IW

35382874L

A Estrada, 25 de abril de 2024

Gonzalo Louzao Dono
Alcalde