DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30292

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2024 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no primeiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego
da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego
da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2024

Título convenio

Obxecto do convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data
sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para a elaboración dun texto comentado e fichas gráficas das normas de habitabilidade vixentes en Galicia, así coma para o seu asesoramento e divulgación

Regular a colaboración entre o IGVS e o COAG para a redacción dun texto comentado das ditas normas de habitabilidade, tras a modificación realizada polo Decreto 128/2023, do 7 de setembro, así como a elaboración de fichas gráficas das ditas normas, o seu asesoramento e divulgación

32.499,50 €

9.2.2024

Convenio entre a Xunta de Galicia e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a concesión de avais ao abeiro do Programa avais para a mocidade

Establecer os termos e condicións da colaboración entre o IGVS e a entidade financeira para o desenvolvemento do Programa de avais para a mocidade

5.000.000,00 €

15.2.2024

Convenio entre a Xunta de Galicia e Caixa Rural Galega, Sociedad Cooperativa de Crédito Limitada Galega para a concesión de avais ao abeiro do Programa avais para a mocidade

Establecer os termos e condicións da colaboración entre o IGVS e a entidade financeira para o desenvolvemento do Programa de avais para a mocidade

5.000.000,00 €

15.2.2024

Addenda para a terceira prórroga e modificación do convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A. para facilitar a permanencia nas súas vivendas das persoas afectadas por execucións hipotecarias, por desafiuzamentos por impagamento de rendas e en virtude doutras políticas sociais en materia de vivenda

Facilitar a permanencia na vivenda de persoas afectadas por execucións hipotecarias e para a cesión de vivendas baleiras, co obxecto de destinalas á protección de debedores hipotecarios, afectados por desafiuzamentos por impagamento de rendas e outras políticas sociais en materia de vivenda

72.000,00 €

3.4.2024

Addenda para a modificación do acordo da Comisión bilateral celebrada o 26 de outubro de 2018, relativo á área de rexeneración e renovación urbana Núcleo Antigo de Lourenzá e zonas de respecto en Lourenzá (Lugo). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña incremento ningún dos importes iniciais, na forma que se detalla a continuación:

Nº vivendas Acordo 26.10.2018=5

Nº vivendas Acordo 20.5.2020=8. Redistribución=1

Nº vivendas Acordo 25.4.2024=9

Sen achega

25.4.2024

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Consello da Avogacía Galega para prestar un servizo de asesoramento, intermediación e orientación xurídica en materia de vivenda

Regular a colaboración entre o IGVS e o CAG co fin de crear as canles de información necesarias para procurar que persoas en situación de desamparo non perdan a súa vivenda habitual ou, se é o caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda, así como para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar nestas situacións e, finalmente, para a implantación do procedemento de conciliación ou intermediación previsto na Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, a través do CAG

54.600,00 €

30.4.2024